A produción galega Gordos preseleccionada para os Óscar

A segunda película de Daniel Sánchez Arévalo, Gordos é un dos tres títulos para ser preseleccionados pola Academia Española de Cine para representar a España nos Óscars.
O filme contou coa participación de Filmanova Invest, que achegou o 40% do orzamento total da produción, que ascende a tres millóns e medio de euros.
A película, que conta a historia dun grupo de persoas con problemas de obesidade que acoden a un terapeuta especializado, chegou as carteleiras esta fin de semana e en dous días conseguiu facerse co cuarto posto do Box Office (398.000 euros e 61.000 espectadores).
Mapa dos sons de Tokio de Isabel Coixet, o O baile da victoria de Fernando Trueba son os outros títulos que pasaron a primeira peneira. A definitiva, a que escolla a película que represente a España nos Óscars, saberase o vindeiro 29 de setembro.
Nas Biblitecas Municipais contamos con seguintes títulos do autor:
- Azuloscurocasinegro / guión y dirección Daniel Sánchez Arévalo .- Madrid : Twentieth, 2006.
- La maleta de Ignacio "Karaoke" / Daniel sánchez Arévalo. – Madrid : SM, D.L. 2002







Susan Whitfield, directora da

