Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras06-11-2009

   A escritora hindú Anita Nair propon nesta obra unha viaxe en tren a través da India e a través das vidas e sentimentos das mulleres que coinciden na travesía. "El vagón de las mujeres" cunha prosa fácil e amena amosanos sentimentos, costumes novos e vellos e gastronomía dun país tan distinto do noso.

A través da lectura saberemos se as mulleres senten igual aqui ou na India, se os prexuizos son os mesmos e se as armas para liberarse deles non poden ser alomenos semellantes. A gran cuestión do libro parece ser ¿pode unha muller vivir plena e felizmente sen a figura dun home? falaremos cando cheguemos ó final da viaxe…

   A fotografía tomámola do diario "El Mundo" e amosanos un vagón de tren reservado para mulleres; parece ser que hoxe xa non existen na India pero si en outros paises. Para protexelas dicen…

 

Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras23-10-2009

   O libro que imos ler perante as dúas próximas semanas está escrito por un francés e está ambientada no sur de Italia. A historia non é nova: unha estirpe maldita que chega ata hoxe e comeza en 1875, cando Luciano Mascalzone volta, tras quince anos de cárcere, a Montepuccio para cumprir unha vella obsesión sexual, impulsado por un oscuro desexo, ainda que sabe que eso acabaralle costando a vida fronte ás últimas casas do pobo. Temos castigo, venganza e un destino que fai mofa dos homes.

   Atoparemos traxedía grega, algo de Rulfo, algo de García Márquez ¿será certo o final de Cien años de soledad? "…porque las estirpes condenadas a cien años de soledad no tenían una segunda oportunidad sobre la tierra". Falaremos.

   Laurent Gaudé recibiu o premio Goncourt por esta novela no ano 2004. 

"-Ya sabéis que todo el pueblo nos llama "los callados". Dicen que como somos hijos de la muda, la boca nos sirve para comer, pero no para hablar. Bueno, enorgullezcámonos de ello. Si vale para mantenenr alejados a los entrometidos y hacer rabiar a esos idiotas, bienvenido sea el mote. Pero que ese silencio sea para ellos, no para nosotros. Yo no he vivido todo lo que habéis vivido vosotros. Es probable que me muera en Montepuccio sin haber visto otra cosa del mundo que las resecas colinas de nuestra tierra. Pero ahí estáis vosotros. Sabéis muchas más cosas que yo. Prometedme que les hablaréis de ellas a mis hijos. Que les contaréis lo que habéis visto…"
 

Posteado por: Berta en Xeral, Obras, Novas17-10-2009

É todo un fenómeno literario. O rato Gerónimo Stilton está a arrasar nas librarías de varios países ata tal punto, que moitos críticos aseguran que é comparable ao fenómeno Harry Potter. Pois ben, da man da editorial Destino, o ratiño fala galego. Benvidos ao castelo da rocha rañicas, O misterioso manuscrito de Nostrarratus, Na procura da marabilla perdida e O meu nome é Stilton. Gerónimo Stilton son os catro título s que Destino traduciu ó galego.>

Elisabett Dami é a escritora italiana que deu vida no ano 2000 a un rato, Gerónimo Stilton, director do periódico El eco del roedor, que se edita edita en Ratonia, capital da chamada Isla dos Ratos. Este rato, ídolo de preadolescentes (entre 7 e 12 anos), é un bibliófilo empedernido e amante da música clásica. O ratiño conta con máis de trinta títulos editados, unha serie de televisión e un cómic, entre outros materiais.

Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras30-09-2009

  

A novela que nos vai ocupar ata o mércores 14 de outubro é Delicioso suicidio en grupo do escritor finés Arto Paasilina.

    ¿É verosimil o suicidio en grupo? Onni Rellonen determina suicidarse e coincide co coronel Kappainen no sitio onde ía facelo. Falan e deciden xuntarse con outros aspirantes a suicidas para levar a cabo unha viaxe en autobus á procura do lugar pefecto para o suicidio. Así o grupo sobe a bordo de "La muerte veloz"  e comenzan esta viaxe cun estilo lixeiro e desenfadado impregnada cun humor negro moi característico do autor. 

Entre outros alicientes deste libro ten o descubrimento da grandeza da natureza e as paisaxes de Finlandia. A bordo de "La muerte veloz" os candidatos a suicidas recorren todas las provincias desde a Finlandia Meridional ata Laponia, movéndose a veces en zig-zag entre elas. Podemos coller o atlas para facer un seguimento da ruta.

A obra foi editada no 1990, dato que deberemos ter moi en conta xa que as referencias sociais e políticas poden resultar chocantes se non temos en conta este dato. Lembrade que a Unión Soviética disolveuse no 1991. 

“El enemigo más poderoso de los finlandeses es la oscuridad, la apatía sin fin. La melancolía flota sobre el desgraciado pueblo y durante miles de años lo ha mantenido bajo su yugo con tal fuerza, que el alma de éste ha terminado por volverse tenebrosa y grave. Tal es el peso de la congoja, que muchos finlandeses ven la muerte como única salida a su angustia. Una mente taciturna es un enemigo aún más encarnizado y temible que la Unión Soviética”.

Posteado por: Berta en A biblioteca recomenda16-09-2009

 Gordos

     A segunda película de Daniel Sánchez Arévalo, Gordos é un dos tres títulos para ser preseleccionados pola Academia Española de Cine para representar a España nos Óscars.

O filme contou coa participación de Filmanova Invest, que achegou o 40% do orzamento total da produción, que ascende a tres millóns e medio de euros.

A película, que conta a historia dun grupo de persoas con problemas de obesidade que acoden a un terapeuta especializado, chegou as carteleiras esta fin de semana e en dous días conseguiu facerse co cuarto posto do Box Office (398.000 euros e 61.000 espectadores).

Mapa dos sons de Tokio de Isabel Coixet, o O baile da victoria de Fernando Trueba son os outros  títulos que pasaron a primeira peneira. A definitiva, a que escolla a película que represente a España nos Óscars, saberase o vindeiro 29 de setembro.

 

Nas Biblitecas Municipais contamos con seguintes títulos do autor:

  • Azuloscurocasinegro / guión y dirección Daniel Sánchez Arévalo .- Madrid : Twentieth, 2006.
  • La maleta de Ignacio "Karaoke" / Daniel sánchez Arévalo. – Madrid : SM, D.L. 2002

 

Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, A biblioteca recomenda31-08-2009

C. Emilio Ferreiro

Hai 30 anos falecia o escritor e político galego, Celso Emilio Ferreiro Míguez (Celanova, 1912 – Vigo, 1979).

Manuel Bragado, director de Xerais, adicalle un emotivo artigo na edición do Faro de Vigo de onte.

Trinta anos despois, os textos de Celso Emilio conservan plena vixencia na díficil angueira da sociedade do século XXI necesitada de luces que axuden a continuar na loita contra a inxustiza, o paro, a emigración, a guerra ou a destrución da natureza, ou a defender o tesouro da lingua de todos, temas fulcrais nas preocupacións do noso poeta.

Nas Bibliotecas Municipais e especialmente no Forum Metropolitano queremos rendirlle a nosa particular homenaxe cunha pequena escolma da mellor da súa obra onde destaca especialmente Longa noite de pedra, que podedes atopar íntegramente en Google Books coma un dos mellores exemplos do que se chama poesía social.

Máis información no Facebook das Bibliotecas Municipais da Coruña

Posteado por: Antonio en Xeral, A biblioteca recomenda30-06-2009

 

Con Stieg Larsson como mellor embaixador, a literatura nórdica vive o seu ano e desata paixóns entre os lectores. A clave do éxito non só reside na novela negra, senón nuns escritores que saben como poucos internarse nas miserias sociais globais de forma directa, amena e poética.

Foi hai un ano cando Stieg Larsson e a súa primeira parte da triloxía Millenium ‘Os homes que non amaban ás mulleres’ publicouse en España. Dous anos antes, descubrírano en Francia e Italia, onde levan tempo traducindo literatura nórdica con éxito de venda.

A España tardou máis en chegar debido en gran parte á escaseza de tradutores, non se dubida do éxito e a importancia que adquirirán nun ou dous anos os escritores dos países nórdicos (Dinamarca, Finlandia, Suecia, Islandia, e Noruega).

Algúns libros dispoñibles na Biblioteca

# Tus ojos me vieron : historia de amor / Sjón
# Ladrón de almas / Yrsa Sigurdardóttir
# La primera palabra : la búsqueda de los orígenes del lenguaje / Christine Kenneally
# Las hijas del frío / Camilla Läckberg
# Los gritos del pasado / Camilla Läckberg
# Allá donde la luna de oro : version libre de "El Kalevala" / Elias Lönnrot
# El mundo de Sofía : novela sobre la historia de la filosofía / Jostein Gaarder
# El misterio del solitario / Jostein Gaarder
# ¿Quién teme al lobo? / Karin Fossum
# El librero de Kabul / Asne Seierstad
# Nuestro amor es como Bizancio : antología poética / Henrik Nordbrandt
# El perro que corría hacia una estrella / Henning Mankell
# Touliñas na cidade / Bo Carpelan
# El quinto invierno del magnetizador / Per Olov Enquist
# La montaña de las tres cuevas / Per Olov Enquist
# Aurora boreal / Asa Larsson
# La reina en el palacio de las corrientes de aire / Stieg Larsson

Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras05-06-2009

Esta novela está escrita por Carmen Martín Gaite ( Salamanca 1925- Madrid 2000) e será a derradeira do clube antes de coller as vacacións do verán que tan merecidas temos.

O libro son as conversacións dunha longa noite nas que Eulalia e o seu sobriño German reflexionan sobre o significado das súas vidas, traendo recordos e temas da familia. É un xeito de desafogo dunha muller madura e dun rapaz inconformista. Están nunha situación límite agardando a morte da avoa no cuarto do lado e ó mesmo tempo están descontentos pola vida que levan sen atopar sentido a súa existencia.

As personaxes son complicadas. A autora manexa o diálogo moi ben, buscando un interlocutor que somos nós, os lectores. Así que veremos si o rematala novela atoparemos o signicado da soidade e do individualismo que parece unha das cousas que buscaba esta estupenda escritora nas súas obras.

Pertenceu a chamada "Generación de Posguerra" xunto o seu marido Rafael Sánchez Ferlosio. Tivo o seu recoñocemento ó gañarar o Premio Gijón (1954) cunha colección de relatos cortos, así como o Premio Café Gijón (1955), Premio Nadal de Novela (1957), Premio Nacional de Narrativa de España (1978), Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1988) y Premio Nacional de las Letras Españolas (1994), entre os máis destacados. Nas bibliotecas atoparedes toda a súa obra.

Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, Novas, A biblioteca recomenda22-05-2009

 Teresa Moure

Este venres rematan os II Encontros Cidade da Coruña, organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Para concluir estes encontros, Teresa Moure impartirá a conferencia As mulleres e a literatura. De onte a hoxe.

O acto desenvolveranse na Sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), ás 20.00 h.

Estes II Encontros contan co patrocinio e colaboración da Concellaría de Cultura.

Teresa Moure é Doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da USC. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o temor ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación anti-globalización.

Gañadora do Premio Lueiro Rey de novela curta 2004 e mais do Premio Arcebispo San Clemente pola novela A xeira das árbores (Sotelo Blanco, 2004), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 con Outro idioma é posible (Galaxia, 2005), Premio Xerais de novela 2005 e Premio Aelg 2006 de Narrativa por Herba moura (Xerais, 2005).

Recentemente estreouse no xénero teatral coa obra Unha primavera para Aldara, que acaba de ser recoñecida nos Premios de teatro María Casares 2009, despois de obter o Premio Rafael Dieste 2007.

Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras18-05-2009

Marta Rivera de la Cruz foi finalista do Premio Planeta 2006 con esta novela que nos ocupa nesta primavera que non da chegado. Cecilia é a protagonista, unha ilustradora de libros infantis que rompe a súa rutina de tristeza e soidade coas visitas a Silvio. Este home octoxenario vai contando os seus recordos a través dunha caixa chea de fotografías. Falaremos do nazismo, da diferencia de razas, da amizade entre dous nenos, da lealtade…

De carón a trama principal falaremos tamén da perdida da nai, da orfandade, da sensación de desprotección que ten a protagonista. Outro tema será Publio e o esforzo para dominar unha personalidade criminal.

A autora contaballe a Efe con respecto a novela:

"Se trata de una novela de amor en sus diferentes variantes, y de cómo éste es capaz de mover todo y despertar a la vida conciencias que aparentemente estaban dormidas, y, sobre todo, de la importancia de las segundas oportunidades"