Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, Novas03-11-2009

 Ayala

Ensaísta, narrador, sociólogo, académico e namorado do cinema, Ayala era un gran convencido de que a liberdade individual debía ser proxectable a todos os planos da existencia.

Ao longo da súa carreira literaria, Francisco Ayala erixiuse como un dos escritores máis importantes en lingua hispana, cultivando numerosas mencións pola calidade semántica e formal dos seus escritos como demostran o Premio da Crítica en 1972, o Premio Nacional de Narrativa en 1983 e o Premio das Letras Españolas en 1988.

Ademais, o autor tamén se alzou cos dous galardóns máis importantes do ámbito cultural español, como o caso do Premio Cervantes en 1991 polo seu labor como escritor e o Premio Príncipe de Asturias pola relevancia da súa figura na esfera cultural.

Obras dispoñibles entre outras nas Biblioteca Municipais da Coruña:
Muertes de perro
Los usurpadores
El fondo del vaso
Recuerdos y olvidos : (1906-2006)
La cabeza del cordero

Posteado por: Berta en Xeral, Escritores28-10-2009

 
Hoxe cúmprense dez anos do pasamento de Rafael Alberti o derradeiro poeta pertencente á Xeración do 27. Este gaditano que nacera no Porto de Santa María un 16 de decembro de 1902 deixou a pintura para dedicarse á poesía.
Despois da publicación do seu primeiro poemario, Marinero en tierra (1925), as súas primeiras obras como La amante (1926) ou El alba del alhelí (1927) insírense dentro da tradición dos cancioneros españois, aínda que tomando elementos vangardistas.
A partir de Cal y Canto (1929) a influencia de Luis de Góngora faise evidente, pero foi en Sobre los ángeles (1929) onde acada a madurez poética. O  libro é froito dunha grave crise persoal, nel desaparece o clasicismo anterior e caracterízase pola densidade das imaxes, a violencia do verso e a creación dun mundo onírico e infernal.
A partir de Con los zapatos puestos tengo que morir (1930) Alberti integra na súa poesía as preocupacións político-sociais. Como consecuencia da guerra civil española exiliase na Arxentina en 1939, onde continúa escribindo e pintando, a súa obra amosa a saudade de España, en especial en Entre el clavel y la espada (1941). La arboleda perdida, unha autobiografía publícaa en 1942. En 1962 deixa a Arxentina para se asentar en París e Roma, antes de regresar definitivamente a  España en 1977. En 1983 recibeu o Premio Cervantes.
 
Nas Bibliotecas Municipais podedes encontrar, entre outras, as seguintes obras deste autor:
 
  • Poemas escogidos
  • ¡Aire, que me lleva el aire! : Antología Juvenil 
  • Marinero en tierra 
  • Poemas del exilio [Grabación sonora] 
  • La arboleda perdida 
  • 100 poemas 
  • Rafael Alberti para niños y niñas_ y otros seres curiosos 
  • Sobre los ángeles ; Yo era un tonto y lo que he visto me ha hecho dos tontos 

Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, Novas08-10-2009

A novelista, poetisa e ensaísta romanés-alemá Herta Müller foi galardoada hoxe co Premio Nobel de Literatura 2009 que outorga a Academia Sueca en Estocolmo. Müller (Nytzkydorf, Romanía, 1953), convértese así na duodécima muller que recibe o galardón máis prestixioso do mundo das Letras.

Herta Müller 

Considerada a cronista da vida cotiá na ditadura, Müller  escribiu unha serie de novelas marcadas pola represión, o medo e a persecución, sentimentos e experiencias que viviu durante a súa infancia baixo o réxime de Ceausescu.

Para a Academia Sueca, Herta Müller "coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, describe a paisaxe dos desposuídos". O certo é que a súa obra encarna en boa parte o destino das minorías alemás nos países do centro de Europa que, tras o fin da Segunda Guerra Mundial, en moitas ocasións tiveron que pagar por partida dobre as culpas do nacionalsocialismo.
 
En castelán ten traducidas catro obras:

En Tierras Bajas, Siruela, 1990; El hombre es un gran faisán en el mundo, Siruela, 1992; La piel del zorro, Plaza&Janés, 1996; e La bestia del corazón, Mondadori, 1997.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes disfrutar da  obra traducida ao galego e publicada por Xerais, O home é un grande faisán no mundo.

A nova nos medios de comunicación:

Posteado por: Berta en Xeral, Escritores, Novas22-09-2009

        

       Dos 168 escritores de literatura infantil e xuvenil que este ano aspiran a gañar o prestixioso Premio Astrid Lindgren, tres son galegos. Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey e Juan Farias son os nosos candidatos a este galardón que entrega anualmente o Consello Sueco das Artes e que leva o nome da creadora de Pippi Langstrump. O resultado do premio darase a coñecer o vindeiro 24 de marzo, no transcurso da Feira do Libro de Boloña.

Nas Bibliotecas Municipais contamos cun amplo abano de obras destes autores entre moitas outras:

  •    ¡Prohibido casar, papá! /  Fina Casalderrey
  •    ¡ Pásmate, Merche ! / Fina Casalderrey
  •    O misterio dos fillos de Lúa / Fina Casalderrey
  •    Rapazas / Agustín Fernández Paz
  •    Contos por palabras / Agustín Fernández Paz 
  •    Amor dos quince anos, Marilyn / Agustín Fernández Paz
  •    El hijo del jardinero / texto Juan Farias
  •    Algunos niños, tres perros y más cosas / Juan Farias 
  •    Los corredoiras / Juan Farias 

Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, A biblioteca recomenda31-08-2009

C. Emilio Ferreiro

Hai 30 anos falecia o escritor e político galego, Celso Emilio Ferreiro Míguez (Celanova, 1912 – Vigo, 1979).

Manuel Bragado, director de Xerais, adicalle un emotivo artigo na edición do Faro de Vigo de onte.

Trinta anos despois, os textos de Celso Emilio conservan plena vixencia na díficil angueira da sociedade do século XXI necesitada de luces que axuden a continuar na loita contra a inxustiza, o paro, a emigración, a guerra ou a destrución da natureza, ou a defender o tesouro da lingua de todos, temas fulcrais nas preocupacións do noso poeta.

Nas Bibliotecas Municipais e especialmente no Forum Metropolitano queremos rendirlle a nosa particular homenaxe cunha pequena escolma da mellor da súa obra onde destaca especialmente Longa noite de pedra, que podedes atopar íntegramente en Google Books coma un dos mellores exemplos do que se chama poesía social.

Máis información no Facebook das Bibliotecas Municipais da Coruña

Posteado por: Reme en Xeral, Escritores08-06-2009

rosa aneiros y jacobo fernandez

A xornalista Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, A Coruña, 1976) é a gañadora do Premio Xerais de Novela 2009 con ‘Sol de Inverno’. A autora, que colabora en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, tamén se fixo co Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con ‘Ás de bolboreta’.

 O fallo do xurado deuse a coñecer hoxe na illa de San Simón (Redondela, Pontevedra) nun acto literario-musical ao que asistiron máis de 300 persoas, entre as que figuraron o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, o director xeral de Cultura da Consellería de Cultura e Deporte, Xabier Méndez, o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, entre outros.
 
Respecto a ‘Ás de bolboreta’, obra coa que gañou o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, a xornalista explicou que se trata dunha novela de historias e personaxes que se cruzan, porque queren expresar que hoxe todas as persoas están interconectadas e o bater de ás dunha bolboreta pode provocar efectos inesperados noutro lado do mundo.
 
`Sol de Inverno ´conta a historia dunha nena, Inverno, á que lle roubaron a infancia, ese paraíso de Antes, e como ao longo de toda a súa vida pelexa por retomar e recuperar ese paraíso. Inverno trata sempre de regresar, especialmente cando vive en Cuba en contacto con esa comunidade de emigrantes galegos.

O gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil, Jacobo Fernández, sorprendeu ao xurado (xa que principalmente desenvolveu a súa carreira como ilustrador) con ‘Mil cousas poden pasar. Libro I’, unha narración poboada por personaxes insólitos e situacións imaxinativas e disparatadas.

Nas Bibliotecas Municipais tedes as seguintes obras destes autores á vosa disposición:

Eu de maior quero ser / Rosa Aneiros.—Santiago de Compostela : Sotelo Blanco, 1999.
Corazóns amolecidos en salitre / Rosa Aneiros Díaz.—Santiago de Compostela : Laiovento, 2002.

Resistencia / Rosa Aneiros.—Vigo : Xerais, 2002.
Veu visitarme o mar / Rosa Aneiros.—1ª ed..—Vigo : Xerais, 2004.

O xardín da media lúa : Lendas árabes.—Vigo : Galaxia, 2004.

Os ourizos cachos e o gran río gris / Rosa Aneiros ; ilustracións de Rodrigo Chao.—Madrid : El País, 2007.

Ao pé do abismo / Rosa Aneiros.—Vigo : Xerais, 2007.

A gardería de dona Bixelmina / Jacobo Fernández Serrano.—Vigo : Xerais, 2005.

A pedra e as formigas / Jacobo Fernández Serrano.—Vigo : Xerais, 2006.

Os amigos de Archimboldo Roque / Jacobo Fernández Serrano.—Vigo : Faktoría K de Libros : Kalandraka, 2008.

Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, Novas, A biblioteca recomenda22-05-2009

 Teresa Moure

Este venres rematan os II Encontros Cidade da Coruña, organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Para concluir estes encontros, Teresa Moure impartirá a conferencia As mulleres e a literatura. De onte a hoxe.

O acto desenvolveranse na Sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), ás 20.00 h.

Estes II Encontros contan co patrocinio e colaboración da Concellaría de Cultura.

Teresa Moure é Doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da USC. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o temor ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación anti-globalización.

Gañadora do Premio Lueiro Rey de novela curta 2004 e mais do Premio Arcebispo San Clemente pola novela A xeira das árbores (Sotelo Blanco, 2004), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 con Outro idioma é posible (Galaxia, 2005), Premio Xerais de novela 2005 e Premio Aelg 2006 de Narrativa por Herba moura (Xerais, 2005).

Recentemente estreouse no xénero teatral coa obra Unha primavera para Aldara, que acaba de ser recoñecida nos Premios de teatro María Casares 2009, despois de obter o Premio Rafael Dieste 2007.

Posteado por: Ivan en Xeral, Escritores26-03-2009

Apaixoante!

É o único adxectivo que atopo para referirme a este encontro. Pode que poñendo mil e un máis acade unha visión máis concreta do que sentimos ao compartir algunhas verbas con ela, pero ningún sería capaz de reflectir a inmensa satisfacción que provoca atopar a alguén que, coma ti, ama tanto a lectura. Sen aires de grandeza, sen amargos soliloquios, coa presteza que da a sinxelez e a beleza das palabras dunha persoa namorada da súa profesión, Laura Gallego deunos unha autentica lección do que é a lectura e o que debería significar nas nosas vidas.

Entre risas e bágoas espiuse ante o público “Cada vez que me enfrento a un publico tengo un poco de miedo porque saben más de mi que yo de ellos. En cada libro que escribo está Laura Gallego”, bromeou da súa condición “Mi primera publicación no fue el primer libro que escribí, ni el segundo, el tercero, el cuarto, el quinto… mi primer libro publicado fue el decimocuarto que había escrito”, abriunos o seu corazón “ No me imagino un mundo sin libros. Cuando me preguntan que hubiese sido si no fuera escritora, sin pensarlo ni un momento digo Bibliotecaria. De hecho mi casa es una pequeña biblioteca en la que hay libros hasta debajo de las camas”, e confesou o inconfesable “Tengo un montón de muertes a mis espaldas. Cada vez que mato a uno de mis personajes, un cacho de mi muere por dentro, pero aún así, tengo que hacerlo”, para rematar a conferencia cunha frase que inundou de soños e bágoas todo o auditorio “Nunca dejéis de leer”. E dende logo que eu non o farei, agardarei todo o día ata que chege a noite e, como ela, dende a soidade da miña habitación compartirei escenario con Elfos, Varu, Xigantes, Unicornios, Dragóns… para non esquecerme xamáis de que a fantasía faime formar parte da realidade. A realidade de revivir ese momento máxico que durante dúas horas compartimos no reino de Idhún.

Posteado por: Luisa en Xeral, Escritores, Novas01-12-2008

   

O pasado xoves o ministro de cultura César Antonio Molina anunciaba que o premio Cervantes 2008 era para Juan Marsé. O premio recoñece toda a súa obra; dende "Encerrados con un solo juguete" publicado en 1961 ata "Canciones de amor en Lolita’s Club" no 2005.Recibirá o premio o próximo 23 de abril no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares.

    Naceu no 1933 nesa Barcelona que tan ben retrata nas súas novelas. Foille asignada a etiqueta de escritor realista e sempre se menciona que é o máis xoven da "xeración dos 50".

    Moitas das súas novelas foron levadas o cine do que é un apasionado; agora renega de este arte e esta preparando un libro onde fala claro de guionistas e directores.

    É un bo momento para regalar ou leer as súas novelas. Nas bibliotecas municipais atoparedes títulos como "Rabos de lagartija", "Últimas tardes con Teresa", "El amante bilingüe", "Si te dicen que caí", El embrujo de Shangai", "La oscura historia de la prima Monse", "Cuentos completos", "Momentos inolvidables del cine"…etc..  Destacar "La fuga del río Lobo" para nenos de entre 6 e 8 anos.

La lengua es una manera de entenderse, cuando la convierten en bandera para algo ya me meto la mano en el bolsillo porque sé que me robarán la cartera", ironizó. "Escribo en castellano porque mis lecturas, mi cine, mi todo lo aprendí en castellano y así formé mi discurso mental; si hubiera sido un país normal, por entorno familiar quizá escribiría en catalán, pero… en cualquier caso, los premios no tienen nada que ver con la literatura"

 

Posteado por: Luisa en Escritores, Novas10-10-2008

O Francés Jean-Marie Le Clézio obtivo onte o premio Nobel de Literatura. A súa obra estivo ó marxen de grupos, escolas e tendencias. Ós 23 anos obtivo o premio Renaudot pola súa novela "Le Procès-verbal" e en 1980 foi o primeiro escritor en recibir o Morand polo conxunto da súa obra, que inclue máis de 40 títulos entre novelas, ensaios e relatos. En 1994 foi elexido como o máis importante escritor contemporáneo de fala francesa. Recibiu o Nobel pola súa obra dedicada a os temas de viaxe, exilio e nostalxia dos pobos primitivos. A Academia explicouno así:

"escritor de la ruptura, la aventura poética y el éxtasis sensual. Es un explorador de la humanidad más allá y por debajo de la civilización reinante".

Nas bibliotecas municipais podedes atopar: El atestado, Viaje al país de los árboles e Mondo e outras historias.Con él xa son 14 os escritores galos galardonados.