Posteado por: Antonio en Xeral, Actividades do club, Novas29-10-2009

1º Festival de Terrock

Posteado por: Luisa en Xeral, Actividades do club, Novas29-09-2009

¡Ola a tod@s! xa remataron as vacacións e voltamos ás nosas reunións de cada mércores para comentar, discutir, piropear ou criticar unha obra e ó seu aut@r.

O 30 de setembro dareibos a primeira novela da tempada e aproveitaremos para facer reconto e saber cantos continuades e así poder dar cabida a novos lectores. Estamos a ter moita demanda e sería bo que poiderades acudir a este primeiro día para facernos unha idea das necesidades.

Espero que veñades con ganas de leer e de falar sobre o lido… sobre o resto xa sei que sempre estades dispost@s!

 

 

Posteado por: Luisa en Xeral, Actividades do club, Falan de nos27-05-2009

Tras a lectura da Esmorga marchamos a Ourense a percorrer a mesma ruta que fixeran o Bocas, o Milhomes e o Castizo. O día foi soleado, con calor, e o paseo moi agradable. Dende o concello recibiunos o alcalde Francisco Rodríguez e a concelleira de cultura Isabel Pérez González . Agradeceron a nosa participación na celebración dos 50 anos de edición da novela de Eduardo Blanco Amor e nós agradecemos que contaran cos clubes de lectura do concello da Coruña, que nos enviaran un guía tan eficiente e por suposto ese viño que compartimos todos nas terrazas da Praza Maior. Foron con nós membros do clube de lectura de Castrillón, do taller de Mar "Nunca es tarde", do clube de lectura da mañán de Forum e a nosa concelleira de cultura Mª Xosé Bravo e a súa man dereita Carmen Vilariño. Queremos darlle as grazas a todos dende aqui. E por suposto falaron de nos na prensa.

La Región

La Voz de Galicia

 

 

Posteado por: Reme en Xeral, Actividades do club30-10-2008

Onte, ás sete da tarde, celebrouse no Forum Metropolitano a Mesa de Experiencias de coordinadores dos Clubes de Lectura de mañán e tarde. Asistiron a este encontro os membros do clubes, os antigos e recentes coordinadores, representantes da Biblioteca Municipal Forum, convidados afíns á lectura e mesmo a Concelleira de Cultura Mª Xosé Bravo.

Repasamos entre todos os inicios e a historia dos clubes, disfrutando dos entrañables recordos, que sobreviñan na mente dos reunidos coma a choiva que asediaba a cidade. Foi grato comprobar como se aludía constantemente á Biblioteca como centro cultural urbano, recoñecendo o seu especial papel de integración social. Resaltouse tamén a importancia da modalidade presencial dos clubes, polo carácter humano que conlevan as charlas, a lectura compartida e o saber escoitar.

En xeral a lectura é necesaria na vida de tódolos membros do clube, aunque se lanzaron chamamentos para creacións de clubes xuvenís ou ánimos á presencia do xénero masculino nas reunións. Aludíase tamén aos xéneros literarios, destacando pola súa boa acollida os autores autóctonos e a literatura infantil e xuvenil. Como broche final apostouse polos encontros con escritores, xa que é moi enriquecedor para os lectores atopar a visión do autor.

A Mesa estivo impregnada de bos sentimentos e agradecementos mutuos, dos que todos disfrutamos, unha vez máis, en grata compaña.

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral, Actividades do club27-10-2008

Durante toda esta semana estamos de celebración! O noso club de lectura cumpre 10 anos en funcionamento, 10 anos compartindo lecturas, inquedanzas literarias e a paixón polos libros…

10 anos que xa pasaron e que nos infundan 10 millons de gañas para seguir lendo xuntos, 10 anos que conmemoramos nunha serie de actos que preparamos para vos e nos que estades todos invitados, tomade nota do programa, contamos convosco na nosa programación:

Luns 27:

  • 19.15. Acto de apertura: Mini Concerto da Escola Municipal de Jazz.
  • 20.00. Presentación do libro de Gloria Morán “Arte floral”.


Martes 28:

  • 19:00. O mundo do libro visto por un editor: Xosé Antonio Perozo, escritor e antigo editor de Ir Indo, presentaranos unha nova editorial.
  • 20.00. Cómo contar historias: Pedro A. Ramos, escritor e guionista.
Xose Antonio Perozo          Pedro A Ramos Garcia

Mércores 29:

  • 19:00 Mesa de experiencias: coordinadores do Club de Lectura.

Xoves 30:

 O club da calceta

Venres 31:

  • 19:15. Concerto de gaitas da Escola Municipal de Música

Os actos celebraranse no Forum Metropolitano:

Rúa Río Monelos s/n. 15006 A Coruña
Teléfono: 981 184 298   Fax: 981 184 295
bforum@coruna.es


Ver mapa más grande

Posteado por: Mery en Xeral, Actividades do club22-05-2008

O mércores 28 de maio ás 18:30, os clubs das Bibliotecas Municipais da Coruña, reunirémonos na Biblioteca de Estudios Locais para atoparnos co escritor, Luís Rei Núñez, autor de " O Señor Lugrís e a negra sombra", libro lido nos nosos clubes e comentado neste blog.

¡ Esperámosvos a todos alí !

Posteado por: Reme en Actividades do club25-04-2008

Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro o Clube de Lectura de Forum Tarde participou o pasado 23 de Abril nunha xornada de lectura de contos e relatos de Emilia Pardo Bazán na Casa Museo da Fundación Emilia Pardo Bazán,na rúa Tabernas de A Coruña. O conto lido polo noso Clube foi "La Dentadura", con gran acerto por parte de Carlos Ruiz, Marian Camino e Olga Nogueira. Tamén participaron o Clube de Lectura do Castrillón, de Montealto, e asociacións de non oíntes de A Coruña, entre outros. Esperamos que o próximo ano se celebre de novo unha actividade similar, porque estaremos encantados de participar.

Emilia Pardo Bazan 

…Un día estrechó a Fausto con preguntas apremiantes:"¿Me quieres de veras, de veras? ¿Te gusto? ¿Soy yo la mujer que más te gusta? Háblame claro, francamente… Prometo no enfadarme ni afligirme." Fausto, sonriente, halagador, galante al pronto, acabó por soltar parte de la verdad en una aseveración exactísima: "Guedita: eres muy mona…muy guapa, sin adulación…Tienes una tez de leche y rosas, unas facciones torneadas, unos ojos de terciopelo negro, un talle que se puede abarcar con un brazalete…Lo único que te desmerece…así…un poquito…es la pícara dentadura. Es que a no ser por la dentadura…chica, ¡un cuadro de Murillo!…


Posteado por: Julio en Actividades do club, Escritores30-04-2007

Teresa MoureO día 4 de maio ás sete e media da tarde terá lugar na Biblioteca Municipal Monte Alto un encontro entre a escritora Teresa Moure e os clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña. No mesmo acto presentarase o novo club virtual de lectura, cuxo periodo de inscripción comeza ese mesmo día. A escritora falaranos da súa obra e responderá ás preguntas e reflexións que lle fagamos chegar. Desde os comentarios deste blog podes suscitar as cuestións que consideres interesantes para ese día.

Posteado por: María Ferreiro en Actividades do club, Escritores27-02-2007

Camilo Franco en plena representaciónAyer nos reunimos en el Forum Metropolitano, integrantes de los clubes de lectura y talleres literarios de las Bilbiotecas Municipales de A Coruña, el motivo no fue otro que disfrutar de la presencia del escritor y xornalista Camilo Franco.

El acto que el llama Performance, es una lectura musicada de sus textos. Aunque previamente tuvimos un debate de los mismos…

La música corrió a cargo de Magin Blanco, aquí en plena representación

Magin con su guitarra 

El acto resultó muy entretenido e interesante. Espero comentarios de los participantes…