FESTA FINAL DE OS NOSOS CONTOS
Cooc, cooc, cooc mo estás?. Preguntoume a miña compañeira antes de que dese comezo o espectáculo.
Nervioso, lle dixen, mentras me axustaba o meu traxe de galiña.
Nervioso por que?. Se imos a poñer os ovos máis bonitos do mundo. Dixo a terceira en discordia.
E tiña razón, xa que por uns intres íamos deixar de ser nós para convertirnos en Petipúa, Polipasta e Pulchinela, as galiñas máis tolas “de este reino para afuera”. A verdade é que non sei se ao final estabamos actuando ou tiñamos a gripe aviar, pero en canto saímos ao escenario a xente empezou a escachar coa risa, se no me credes mirade:
A viaxe de Os Nosos Contos chegaba á súa fin. Con moito esforzo, suor e lágrimas dabamos a luz 15 contos que, nun embarazo de 7 meses, percorreron os lugares máis inhóspitos da nosa in/consciencia. Quince contos que nos amosaron a diferencia nun mundo no que non somos tan diferentes, nun mundo no que hai que deixar de lado a indiferencia, nun mundo no que que temos que loitar pola igualdade, pola aceptación da multiculturalidade, por ser quen sempre quixemos ser, nós mesmos.
Unha viaxe na que destruímos tódolos nosos prexuízos, toda a nosa cotidianeidade, tódalas nosas crenzas. Unha viaxe na que medramos xuntos (nais, pais, avoas, avós, nenas, nenos, bibliotecarias, bibliotecarios), na que establecimos vínculos, na que nos preocupamos polos intereses dos outros, na que soñamos…
Unha viaxe, un mundo e quince contos que nos trasladaron a África, Asia, Ámerica e Europa. Quince contos que nos fixeron xogar, bailar, chorar, amar… respetar. Quince contos que estaban expostos para todo o que quixese ver, saber, recordar e aprender o que facemos en “Os Nosos Contos”.
Ei, que xa me é hora, vai comezar o baile. Uan, chu,... uan, chu, fri, for. Think, think, think, think.
Despois de tanto “pensar” caes na conta de que a viaxe chega a súa fin, e como tódalas viaxes que emprendes na túa vida, esta tamén comeza con inquietude e remata con melancolía. Pero non vos preocupedes, porque para o ano seguinte máis e mellor e mentras tanto a desfrutar da festa, merenda, guateque, baile organizada gracias a comida e bebida traida polos pais (aínda que nos tamén trouxémos algunha cousa), e a ilusión de ver un sorriso na cara dun neno.



La Catedral. Comezamos unha nova andanza no Clube de Lectura de Tarde do Forum Metropolitano, cualificada polo seu autor como novela social ou "de rebeldía", e editada por primeira vez en 1903. Nela ofrécesenos unha extraordinaria aproximación á vertente política de 

Hemos comenzado con una nueva lectura en el club. La Fiesta del Chivo, de
