Posteado por: Ivan en Xeral, Escritores26-03-2009

Apaixoante!

É o único adxectivo que atopo para referirme a este encontro. Pode que poñendo mil e un máis acade unha visión máis concreta do que sentimos ao compartir algunhas verbas con ela, pero ningún sería capaz de reflectir a inmensa satisfacción que provoca atopar a alguén que, coma ti, ama tanto a lectura. Sen aires de grandeza, sen amargos soliloquios, coa presteza que da a sinxelez e a beleza das palabras dunha persoa namorada da súa profesión, Laura Gallego deunos unha autentica lección do que é a lectura e o que debería significar nas nosas vidas.

Entre risas e bágoas espiuse ante o público “Cada vez que me enfrento a un publico tengo un poco de miedo porque saben más de mi que yo de ellos. En cada libro que escribo está Laura Gallego”, bromeou da súa condición “Mi primera publicación no fue el primer libro que escribí, ni el segundo, el tercero, el cuarto, el quinto… mi primer libro publicado fue el decimocuarto que había escrito”, abriunos o seu corazón “ No me imagino un mundo sin libros. Cuando me preguntan que hubiese sido si no fuera escritora, sin pensarlo ni un momento digo Bibliotecaria. De hecho mi casa es una pequeña biblioteca en la que hay libros hasta debajo de las camas”, e confesou o inconfesable “Tengo un montón de muertes a mis espaldas. Cada vez que mato a uno de mis personajes, un cacho de mi muere por dentro, pero aún así, tengo que hacerlo”, para rematar a conferencia cunha frase que inundou de soños e bágoas todo o auditorio “Nunca dejéis de leer”. E dende logo que eu non o farei, agardarei todo o día ata que chege a noite e, como ela, dende a soidade da miña habitación compartirei escenario con Elfos, Varu, Xigantes, Unicornios, Dragóns… para non esquecerme xamáis de que a fantasía faime formar parte da realidade. A realidade de revivir ese momento máxico que durante dúas horas compartimos no reino de Idhún.

Posteado por: Ivan en Xeral27-05-2008

Cooc, cooc, cooc mo estás?. Preguntoume a miña compañeira antes de que dese comezo o espectáculo.
Nervioso, lle dixen, mentras me axustaba o meu traxe de galiña.
Nervioso por que?. Se imos a poñer os ovos máis bonitos do mundo. Dixo a terceira en discordia.
E tiña razón, xa que por uns intres íamos deixar de ser nós para convertirnos en Petipúa, Polipasta e Pulchinela, as galiñas máis tolas “de este reino para afuera”. A verdade é que non sei se ao final estabamos actuando ou tiñamos a gripe aviar, pero en canto saímos ao escenario a xente empezou a escachar coa risa, se no me credes mirade:


ExposiciónA viaxe de Os Nosos Contos chegaba á súa fin. Con moito esforzo, suor e lágrimas dabamos a luz 15 contos que, nun embarazo de 7 meses, percorreron os lugares máis inhóspitos da nosa in/consciencia. Quince contos que nos amosaron a diferencia nun mundo no que non somos tan diferentes, nun mundo no que hai que deixar de lado a indiferencia, nun mundo no que que temos que loitar pola igualdade, pola aceptación da multiculturalidade, por ser quen sempre quixemos ser, nós mesmos.

Unha viaxe na que destruímos tódolos nosos prexuízos, toda a nosa cotidianeidade, tódalas nosas crenzas. Unha viaxe na que medramos xuntos (nais, pais, avoas, avós, nenas, nenos, bibliotecarias, bibliotecarios), na que establecimos vínculos, na que nos preocupamos polos intereses dos outros, na que soñamos…

Unha viaxe, un mundo e quince contos que nos trasladaron a África, Asia, Ámerica e Europa. Quince contos que nos fixeron xogar, bailar, chorar, amar… respetar. Quince contos que estaban expostos para todo o que quixese ver, saber, recordar e aprender o que facemos en “Os Nosos Contos”.

Ei, que xa me é hora, vai comezar o baile. Uan, chu,… uan, chu, fri, for. Think, think, think, think.



Despois de tanto “pensar” caes na conta de que a viaxe chega a súa fin, e como tódalas viaxes que emprendes na túa vida, esta tamén comeza con inquietude e remata con melancolía. Pero non vos preocupedes, porque para o ano seguinte máis e mellor e mentras tanto a desfrutar da festa, merenda, guateque, baile organizada gracias a comida e bebida traida polos pais (aínda que nos tamén trouxémos algunha cousa), e a ilusión de ver un sorriso na cara dun neno.


Comilona 2