Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral23-12-2008

Felicitacion navideña dos bibliotecarios do forum

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral, Actividades do club27-10-2008

Durante toda esta semana estamos de celebración! O noso club de lectura cumpre 10 anos en funcionamento, 10 anos compartindo lecturas, inquedanzas literarias e a paixón polos libros…

10 anos que xa pasaron e que nos infundan 10 millons de gañas para seguir lendo xuntos, 10 anos que conmemoramos nunha serie de actos que preparamos para vos e nos que estades todos invitados, tomade nota do programa, contamos convosco na nosa programación:

Luns 27:

  • 19.15. Acto de apertura: Mini Concerto da Escola Municipal de Jazz.
  • 20.00. Presentación do libro de Gloria Morán “Arte floral”.


Martes 28:

  • 19:00. O mundo do libro visto por un editor: Xosé Antonio Perozo, escritor e antigo editor de Ir Indo, presentaranos unha nova editorial.
  • 20.00. Cómo contar historias: Pedro A. Ramos, escritor e guionista.
Xose Antonio Perozo          Pedro A Ramos Garcia

Mércores 29:

  • 19:00 Mesa de experiencias: coordinadores do Club de Lectura.

Xoves 30:

 O club da calceta

Venres 31:

  • 19:15. Concerto de gaitas da Escola Municipal de Música

Os actos celebraranse no Forum Metropolitano:

Rúa Río Monelos s/n. 15006 A Coruña
Teléfono: 981 184 298   Fax: 981 184 295
bforum@coruna.es


Ver mapa más grande

Posteado por: Catuxa Seoane en Escritores10-06-2008

Acostumados a escribir, describir e relatar historias, o reto que lles propoñe Literatura.com a unha escola de escritores para a Feira do Libro de Madrid non é fácil: contar en “6 palabras a sua microbiografía.

Aqui temos a da nosa paisana, Yolanda Castaño, que se autobiografía desde xeito:

A los 7 años cayó en sus manos Gloria Fuertes y ya no la abandonaría nunca la fascinación por ese extraño modo de escribir sin llegar al borde de la página (pero sí al borde de las palabras). Con diez más, publicaría su primer libro, siempre en gallego (luego la traducción, ese mal necesario, esa cocina). Creció y le fueron naciendo brazos (como buena pulpa a la gallega) hacia otros lenguajes que apoyasen su impulso poético: versos que se vean, metáforas que se escuchen, palabras que se puedan comer. Vivió en un ciclo de erofanías, se sintió la sola más egoísta y últimamente, poco a poco, trata de mirar las cosas con mayor profundidad de campo.

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas14-05-2008

Sechu Sende

Esta tarde, dentro do programa das Letras 2008 (pdf) na Biblioteca do Forum, Sechu Sende, escritor, poeta, activista cultural e domador de pulgas no Galiza Pulgas Circus, convidará a todos os asistentes a unha sexión de autohipnose para aprender, dunha vez por todas a falar galego.

Sende obtivo o Blanco Amor 2003 pola obra Orixe e o Anxel Casal ao Mellor Libro do Ano 2007 por Made in Galiza (2007), que tamen recibiu o Premio da Asociación de Editores Galegos.

Atreveraste a vir?

autohipnose 

Toma nota:

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral15-04-2008

O pasado Xoves, tal e como anunciáramos, tivemos a oportunidade de compartir tempo e espacio con Isaac Diáz Pardo na Biblioteca de Estudos Locais, e escoitar a experiencia vital desta memoria viva do galeguismo.

Da man da Concelleira de Cultura, Maria Xosé Bravo e da Directora da Biblioteca de Estudos Locais, Victoria Villanueva, Isaac rememorou ante un o numeroso público, os seus anos mozos, a relación co seu pai e as suas amizades coas grandes figuras da cultura e das artes do noso país.

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, Escritores, Novas07-04-2008

Enterámosnos por Brétemas que O señor Lugrís e a negra sombra, obra de Luis Rei Núñez que limos no club de forum da mañá e do da tarde, acaba de acadar o galardon da Crítica 2007.

O señor lugris e anegra sombra 

 

En O señor Lugrís e a negra sombra, o seu autor combina a biografía e a ficción para construír un relato en torno a figura do pintor galego. Un home que, segundo confesaba Luís Rei nunha entrevista en Galicia Hoxe con motivo da publicación da novela, que coa súa morte se vía reducido a tres tópicos, o último bohemio, un pintor surrealista e un pintor do mar, tópicos que o recente Premio da Crítica quixo derribar. "Eses tres sambenitos limitan demasiado unha realidade máis rica, exclúen ó Lugrís escritor, que tomou moi en serio a literatura", aseguraba Rei.

Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña, podedes desfrutar desta obra (versión en galego e castelán) ademais das seguintes do mesmo autor:
  • A travesía dun século : (biografía de Rafael Dieste)
  • Poetas andantes navegantes 
  • Colección de bolboretas
  • Expediente Artieda
  • Oficio de escribir
  • O corvo de chapapote
  • A estrela dos polisóns
  • Toda a vida
Parabens, ao autor! Parabens a editorial, Xerais!

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral12-03-2008

Os perigos de ler

Calvin & Hobbes, de Bill Watterson.

Calvin: Lin o libro da biblioteca que me colliches.

Nai: ¿E qué che pareceu?

Calvin: Realmente fíxome ver as cousas doutro xeito. Deume moito que pensar.

Nai: Alédome que o disfrutases.

Calvin: Estame complicando a vida. Non me collas ningun máis.

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral, A biblioteca recomenda05-03-2008

Para aqueles amantes da arte e da obra do mais gran humanista de todolos tempos, recomendamosvos Universal Leonardo, un programa integral de divulgación da obra de Leonardo xestionado pola University of Arts de Londres.

Universal Leonardo 

Impresionante e moi recomendable, a experiencia de navegación pola liña do tempo que aparece na cabeceira da web e que permite coñecer datos e visualizar documentos do autor.

 

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, A biblioteca recomenda20-02-2008

Na biblioteca do Forum Metropolitano vimos de inaugurar unha nova sección para dar resposta as moitas veces que nos preguntades por libros para leer que se escapen das tipicas novidades ou listas dos máis vendidos… por iso temos un expositor onde iremos colocando aquelas obras, literarias ou non, que sacamos das estanterías para as descubrades…

A biblioteca recomenda no Forum...

 

En febreiro as nosas suxestións son:

O cidadan do mes Novecento de BaricoFragmentos de una vidaWindows in the words Freda  Un pintor de hoy

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas11-02-2008

Don Carnal e Dona Cuaresma
Na Biblioteca do Forum Metropolitano podedes desfrutar dunha mostra bibliográfica que recopila os mellores libros de amor e paisón do noso fondo.

Amor, paixón, tenrura, vehemencia, idolatría, cariño, fervor, entusiasmo, afecto, adoración, fogosidade… todo isto e moito máis na selección de obras (de ficción e non ficción) que a Biblioteca Municipal Fórum Metroplitano ten preparada para todos nunha mostra biblográfica que enfronta a Don Carnal (amor tolo e pasional) con Dona Coresma (amor doce e inocente).

A guía de lectura (pdf) recolle algunha das nosas propostas.