Hoxe cúmprense dez anos do pasamento de
Rafael Alberti o derradeiro poeta pertencente á Xeración do 27. Este gaditano que nacera no Porto de Santa María un 16 de decembro de 1902 deixou a pintura para dedicarse á poesía.
Despois da publicación do seu primeiro poemario,
Marinero en tierra (1925), as súas primeiras obras como
La amante (1926) ou
El alba del alhelí (1927) insírense dentro da tradición dos cancioneros españois, aínda que tomando elementos vangardistas.
A partir de
Cal y Canto (1929) a influencia de Luis de Góngora faise evidente, pero foi en S
obre los ángeles (1929) onde acada a madurez poética. O libro é froito dunha grave crise persoal, nel desaparece o clasicismo anterior e caracterízase pola densidade das imaxes, a violencia do verso e a creación dun mundo onírico e infernal.
A partir de
Con los zapatos puestos tengo que morir (1930) Alberti integra na súa poesía as preocupacións político-sociais. Como consecuencia da guerra civil española exiliase na Arxentina en 1939, onde continúa escribindo e pintando, a súa obra amosa a saudade de España, en especial en
Entre el clavel y la espada (1941).
La arboleda perdida, unha autobiografía publícaa en 1942. En 1962 deixa a Arxentina para se asentar en París e Roma, antes de regresar definitivamente a España en 1977. En 1983 recibeu o Premio Cervantes.
Nas Bibliotecas Municipais podedes encontrar, entre outras, as seguintes obras deste autor:
- Poemas escogidos
- ¡Aire, que me lleva el aire! : Antología Juvenil
- Marinero en tierra
- Poemas del exilio [Grabación sonora]
- La arboleda perdida
- 100 poemas
- Rafael Alberti para niños y niñas_ y otros seres curiosos
- Sobre los ángeles ; Yo era un tonto y lo que he visto me ha hecho dos tontos