Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, Novas03-11-2009

 Ayala

Ensaísta, narrador, sociólogo, académico e namorado do cinema, Ayala era un gran convencido de que a liberdade individual debía ser proxectable a todos os planos da existencia.

Ao longo da súa carreira literaria, Francisco Ayala erixiuse como un dos escritores máis importantes en lingua hispana, cultivando numerosas mencións pola calidade semántica e formal dos seus escritos como demostran o Premio da Crítica en 1972, o Premio Nacional de Narrativa en 1983 e o Premio das Letras Españolas en 1988.

Ademais, o autor tamén se alzou cos dous galardóns máis importantes do ámbito cultural español, como o caso do Premio Cervantes en 1991 polo seu labor como escritor e o Premio Príncipe de Asturias pola relevancia da súa figura na esfera cultural.

Obras dispoñibles entre outras nas Biblioteca Municipais da Coruña:
Muertes de perro
Los usurpadores
El fondo del vaso
Recuerdos y olvidos : (1906-2006)
La cabeza del cordero

Posteado por: Antonio en Xeral, Actividades do club, Novas29-10-2009

1º Festival de Terrock

Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, Novas08-10-2009

A novelista, poetisa e ensaísta romanés-alemá Herta Müller foi galardoada hoxe co Premio Nobel de Literatura 2009 que outorga a Academia Sueca en Estocolmo. Müller (Nytzkydorf, Romanía, 1953), convértese así na duodécima muller que recibe o galardón máis prestixioso do mundo das Letras.

Herta Müller 

Considerada a cronista da vida cotiá na ditadura, Müller  escribiu unha serie de novelas marcadas pola represión, o medo e a persecución, sentimentos e experiencias que viviu durante a súa infancia baixo o réxime de Ceausescu.

Para a Academia Sueca, Herta Müller "coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, describe a paisaxe dos desposuídos". O certo é que a súa obra encarna en boa parte o destino das minorías alemás nos países do centro de Europa que, tras o fin da Segunda Guerra Mundial, en moitas ocasións tiveron que pagar por partida dobre as culpas do nacionalsocialismo.
 
En castelán ten traducidas catro obras:

En Tierras Bajas, Siruela, 1990; El hombre es un gran faisán en el mundo, Siruela, 1992; La piel del zorro, Plaza&Janés, 1996; e La bestia del corazón, Mondadori, 1997.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes disfrutar da  obra traducida ao galego e publicada por Xerais, O home é un grande faisán no mundo.

A nova nos medios de comunicación:

Posteado por: Antonio en Xeral, Novas06-10-2009

Un 5 de outubro, de hai trinta anos, constituíase en Vigo a empresa Edicións Xerais de Galicia S.A. Transcorridas tres décadas daquel feito, a editorial publicou 3.200 titulos (tres mil en lingua galega) e vendeu máis de dez millóns de exemplares dun catálogo moi diversificado.

Dende o ano 1980 está especializada na edición de libros de texto en lingua galega, o que supón o 22% dos títulos do catálogo. Na actualidade, ten unha completa oferta de materiais didácticos para o ensino da lingua galega no ensino non universitario, que abrangue todos os cursos da Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

A editorial mostrouse “moi orgullosa” por este labor realizado dende 1979 e animou a toda a sociedade a “impulsar” o seu labor “de normalización do libro galego”.

Xerais prepárase para lanzar os primeiros ebooks en galego, como parte dun proceso de normalización do noso sistema editorial, no que “temos moito camiño por percorrer”.

Posteado por: Antonio en Xeral, Novas02-09-2009

A Concellaría de Cultura organiza sesión de curtas durante todos os venres do mes de setembro que serán proxectadas na praza de Azcárraga e que se inclúen no OFestivalOn five’ que arrancará o vindeiro 4 de setembro  ás 22.30h.

As curtas que se proxectarán ao longo do mes serán as seguintes:

Venres 4 de setembro:

Pánico a una muerte ridícula- Rubén Stein. Ficción
No corras tanto- César Díaz Melendez. Animación
Ferro ardendo- Miguel García Fernández
Cestla Vie- Young gyu Lee. Animación Festival de Curtas
Cores- Jairo Iglesias. Ficción
Mariñeiros- Omar Rabuñal. Ficción
La sortie- Jesús Domínguez Sánchez. Documental
O raio transparente- Pancho Lapeña. Animación                   

Venres, 11 de setembro:

The Wereping- Sam Orti Marti. Animación
Niño Balcón- Pilar Palomero. Ficción
Tan preto e tan lonxe- Isabel Rey Fernández. Documental
Socarrat- David Montero. Ficción
En la otra camilla- Luis Melgar. Ficción
In the name of God- Julia Geker. Animación
El encargado- Sergio Barrejón. Ficción
Campás- Jairo Iglesias. Ficción

Venres, 18 de setembro:

0,8 Miligramos- Imanol Ruíz de Lara. Ficción
Continuará- Esther Fernández Carrodeaugas. Animación
Túneles en el río- Augusta Zourelidi. Animación
Funners- Marc Reixach. Ficción
On the line- Jon Garaño. Ficción
Poder ser- Carlos Seijo. Ficción
Marruecos, un viaje de colores-Álvaro Sanz Alonso

Venres, 25 de setembro:

El ministerio del pez- Giovanni Maccelli. Animación
Muto- Blu. Animación
La chica dentro de la caja- Matt Dickinson. Documental
Micntc- Isabel de o Campo. Ficción
Vellas- Carlos Prado Pampín. Ficción
Mei Ling- Stepahnie Lansagne & Francois Leroy. Animación
Stikk- Vifidis Nielsen. Ficción
No se preocupe- Eva Ungría. Ficción

Todas as proxeccións terán lugar na praza de Azcárraga ás 22:30 horas.

Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, A biblioteca recomenda31-08-2009

C. Emilio Ferreiro

Hai 30 anos falecia o escritor e político galego, Celso Emilio Ferreiro Míguez (Celanova, 1912 – Vigo, 1979).

Manuel Bragado, director de Xerais, adicalle un emotivo artigo na edición do Faro de Vigo de onte.

Trinta anos despois, os textos de Celso Emilio conservan plena vixencia na díficil angueira da sociedade do século XXI necesitada de luces que axuden a continuar na loita contra a inxustiza, o paro, a emigración, a guerra ou a destrución da natureza, ou a defender o tesouro da lingua de todos, temas fulcrais nas preocupacións do noso poeta.

Nas Bibliotecas Municipais e especialmente no Forum Metropolitano queremos rendirlle a nosa particular homenaxe cunha pequena escolma da mellor da súa obra onde destaca especialmente Longa noite de pedra, que podedes atopar íntegramente en Google Books coma un dos mellores exemplos do que se chama poesía social.

Máis información no Facebook das Bibliotecas Municipais da Coruña

Posteado por: Antonio en Xeral, A biblioteca recomenda30-06-2009

 

Con Stieg Larsson como mellor embaixador, a literatura nórdica vive o seu ano e desata paixóns entre os lectores. A clave do éxito non só reside na novela negra, senón nuns escritores que saben como poucos internarse nas miserias sociais globais de forma directa, amena e poética.

Foi hai un ano cando Stieg Larsson e a súa primeira parte da triloxía Millenium ‘Os homes que non amaban ás mulleres’ publicouse en España. Dous anos antes, descubrírano en Francia e Italia, onde levan tempo traducindo literatura nórdica con éxito de venda.

A España tardou máis en chegar debido en gran parte á escaseza de tradutores, non se dubida do éxito e a importancia que adquirirán nun ou dous anos os escritores dos países nórdicos (Dinamarca, Finlandia, Suecia, Islandia, e Noruega).

Algúns libros dispoñibles na Biblioteca

# Tus ojos me vieron : historia de amor / Sjón
# Ladrón de almas / Yrsa Sigurdardóttir
# La primera palabra : la búsqueda de los orígenes del lenguaje / Christine Kenneally
# Las hijas del frío / Camilla Läckberg
# Los gritos del pasado / Camilla Läckberg
# Allá donde la luna de oro : version libre de "El Kalevala" / Elias Lönnrot
# El mundo de Sofía : novela sobre la historia de la filosofía / Jostein Gaarder
# El misterio del solitario / Jostein Gaarder
# ¿Quién teme al lobo? / Karin Fossum
# El librero de Kabul / Asne Seierstad
# Nuestro amor es como Bizancio : antología poética / Henrik Nordbrandt
# El perro que corría hacia una estrella / Henning Mankell
# Touliñas na cidade / Bo Carpelan
# El quinto invierno del magnetizador / Per Olov Enquist
# La montaña de las tres cuevas / Per Olov Enquist
# Aurora boreal / Asa Larsson
# La reina en el palacio de las corrientes de aire / Stieg Larsson

Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, Novas, A biblioteca recomenda22-05-2009

 Teresa Moure

Este venres rematan os II Encontros Cidade da Coruña, organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Para concluir estes encontros, Teresa Moure impartirá a conferencia As mulleres e a literatura. De onte a hoxe.

O acto desenvolveranse na Sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), ás 20.00 h.

Estes II Encontros contan co patrocinio e colaboración da Concellaría de Cultura.

Teresa Moure é Doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da USC. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o temor ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación anti-globalización.

Gañadora do Premio Lueiro Rey de novela curta 2004 e mais do Premio Arcebispo San Clemente pola novela A xeira das árbores (Sotelo Blanco, 2004), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 con Outro idioma é posible (Galaxia, 2005), Premio Xerais de novela 2005 e Premio Aelg 2006 de Narrativa por Herba moura (Xerais, 2005).

Recentemente estreouse no xénero teatral coa obra Unha primavera para Aldara, que acaba de ser recoñecida nos Premios de teatro María Casares 2009, despois de obter o Premio Rafael Dieste 2007.

Posteado por: Antonio en Xeral07-05-2009

O próximo venres 8 de maio ás 20:00 h. a escritora mexicana Elena Poniatowska visitará a sede da Real Academia Galega (rúa Tabernas 11) para impartir unha conferencia, A literatura que vén da rúa.

Este acto encádrase dentro do II Encontro literario Cidade da Coruña: Mulleres na literatura, organizado conxuntamente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega y la Concellaría de Cultura, na sede de la RAG.

A entrada é de balde e libre até completar a capacidade do recinto.

 Elena Poniatowska

A Asociación de Escritores en Lingua Galega decidiu outorgar o galardón Escritora Galega Universal á escritora mexicana Elena Poniatowska. O galardón ofreceullo o presidente da asociación, o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, no transcurso da súa estadía na Feira do Libro de Guadalajara (México). Os anteriores premiados foron Mahmud Darwish, Pepetela e Nancy Morejón.
 
 

Posteado por: Antonio en Xeral, Novas, A biblioteca recomenda27-04-2009

Como xa sabedes, as Bibliotecas Municipais da Coruña xunto coa Concellaría de Cultura está a realizar unha chea de actividades para celebrar o mes dos libros e a lectura. Esta é a última semana de actividades que como sempre realizaranse no Forum Metropolitano.

Calendario

Martes 28 de Abril:

18:30 h. Contacontos para nenos.

Mércores 29 de Abril:

18:30 h. Contacontos para nenos. 

20:00 h. Concerto de Jazz con Pepe Doré

Xoves 30 de Abril:

18:30 h. Espectáculo Librolibrame. Lectura e xogo dramático acompañado de mundos sonoros e plásticos. Áncora Produccións.

Participa nas actividades que converten a cidade nunha gran biblioteca todo o mes de abril.