A escritora hindú Anita Nair propon nesta obra unha viaxe en tren a través da India e a través das vidas e sentimentos das mulleres que coinciden na travesía. "El vagón de las mujeres" cunha prosa fácil e amena amosanos sentimentos, costumes novos e vellos e gastronomía dun país tan distinto do noso.

A través da lectura saberemos se as mulleres senten igual aqui ou na India, se os prexuizos son os mesmos e se as armas para liberarse deles non poden ser alomenos semellantes. A gran cuestión do libro parece ser ¿pode unha muller vivir plena e felizmente sen a figura dun home? falaremos cando cheguemos ó final da viaxe…

   A fotografía tomámola do diario "El Mundo" e amosanos un vagón de tren reservado para mulleres; parece ser que hoxe xa non existen na India pero si en outros paises. Para protexelas dicen…