Posteado por: Berta en Xeral, Obras, Novas17-10-2009
Destino edita en galego catro títulos do rato Gerónimo Stilton
É todo un fenómeno literario. O rato Gerónimo Stilton está a arrasar nas librarías de varios países ata tal punto, que moitos críticos aseguran que é comparable ao fenómeno Harry Potter. Pois ben, da man da editorial Destino, o ratiño fala galego. Benvidos ao castelo da rocha rañicas, O misterioso manuscrito de Nostrarratus, Na procura da marabilla perdida e O meu nome é Stilton. Gerónimo Stilton son os catro título s
que Destino traduciu ó galego.>
Elisabett Dami é a escritora italiana que deu vida no ano 2000 a un rato, Gerónimo Stilton, director do periódico El eco del roedor, que se edita edita en Ratonia, capital da chamada Isla dos Ratos. Este rato, ídolo de preadolescentes (entre 7 e 12 anos), é un bibliófilo empedernido e amante da música clásica. O ratiño conta con máis de trinta títulos editados, unha serie de televisión e un cómic, entre outros materiais.
O URI para referenciar esta entrada é: http://clubforumtarde.blogsome.com/2009/10/17/destino-edita-en-galego-catro-titulos-da-saga-do-rato-geronimo-stilton/trackback/
Ninguén comentó ainda, rompe ti o xeo.
RSS feed para os comentarios deste post.
O e-mail non se publica, HTML permitidos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>