O escritor vasco Kirmen Uribe gañou hoxe o premio Nacional de Narrativa 2008, concedido polo Ministerio de Cultura pola súa primeira novela Bilbao-New York-Bilbao, coa que recibiu o Premio da Crítica de narrativa en eúscaro en 2008. Kirmen Uribe (Biscaia, 1970), escribe poesía e novela en lingua vasca, e a pasada primavera cobrou actualidade despois de que o primeiro lehendakari socialista, Patxi López, recitase en eúscaro ao longo do seu discurso de investidura o poema ‘Maiatza’ (maio).
A obra premiada, unha novela de ciencia ficción, Bilbao-New York-Bilbao será traducida ó castelán e máis ó inglés, describe a historia de tres xeracións de vascos coa escusa dun voo transoceánico.
O premio Nacional de Narrativa, que o ano pasado déuselle a Juan José Millás pola súa obra El mundo, está dotado con 20.000 euros e ten como finalidade distinguir a mellor novela publicada en 2009, tanto en castelán como nalgunha das outras linguas cooficiales do Estado. O xurado que fallou hoxe este galardón estivo presidido polo director xeral do Libro, Rogelio Blanco, e formado, entre outros, por José Luis Borau, Camilo José Cela Conde, Andrés Martínez Sánchez e os dous últimos autores galardoados, Juan José Millás e Vicente Molina Foix. Outros membros do xurado foron Xosé Luís Axeitos, Jon Kortazar, Alexandre Broch i Huesca, Ramón Loureiro, Marco Schwartza e Alicia Giménez.

Fonte: Xornal de Galicia