Herta Müller, Nobel de Literatura 2009
A novelista, poetisa e ensaísta romanés-alemá Herta Müller foi galardoada hoxe co Premio Nobel de Literatura 2009 que outorga a Academia Sueca en Estocolmo. Müller (Nytzkydorf, Romanía, 1953), convértese así na duodécima muller que recibe o galardón máis prestixioso do mundo das Letras.
Considerada a cronista da vida cotiá na ditadura, Müller escribiu unha serie de novelas marcadas pola represión, o medo e a persecución, sentimentos e experiencias que viviu durante a súa infancia baixo o réxime de Ceausescu.
En Tierras Bajas, Siruela, 1990; El hombre es un gran faisán en el mundo, Siruela, 1992; La piel del zorro, Plaza&Janés, 1996; e La bestia del corazón, Mondadori, 1997.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes disfrutar da obra traducida ao galego e publicada por Xerais, O home é un grande faisán no mundo.
A nova nos medios de comunicación:

