
Dez anos do pasamento de Rafael Alberti
Despois da publicación do seu primeiro poemario, Marinero en tierra (1925), as súas primeiras obras como La amante (1926) ou El alba del alhelí (1927) insírense dentro da tradición dos cancioneros españois, aínda que tomando elementos vangardistas.
A partir de Cal y Canto (1929) a influencia de Luis de Góngora faise evidente, pero foi en Sobre los ángeles (1929) onde acada a madurez poética. O libro é froito dunha grave crise persoal, nel desaparece o clasicismo anterior e caracterízase pola densidade das imaxes, a violencia do verso e a creación dun mundo onírico e infernal.
A partir de Con los zapatos puestos tengo que morir (1930) Alberti integra na súa poesía as preocupacións político-sociais. Como consecuencia da guerra civil española exiliase na Arxentina en 1939, onde continúa escribindo e pintando, a súa obra amosa a saudade de España, en especial en Entre el clavel y la espada (1941). La arboleda perdida, unha autobiografía publícaa en 1942. En 1962 deixa a Arxentina para se asentar en París e Roma, antes de regresar definitivamente a España en 1977. En 1983 recibeu o Premio Cervantes.
- Poemas escogidos
- ¡Aire, que me lleva el aire! : Antología Juvenil
- Marinero en tierra
- Poemas del exilio [Grabación sonora]
- La arboleda perdida
- 100 poemas
- Rafael Alberti para niños y niñas_ y otros seres curiosos
- Sobre los ángeles ; Yo era un tonto y lo que he visto me ha hecho dos tontos
O libro que imos ler perante as dúas próximas semanas está escrito por un francés e está ambientada no sur de Italia. A historia non é nova: unha estirpe maldita que chega ata hoxe e comeza en 1875, cando Luciano Mascalzone volta, tras quince anos de cárcere, a Montepuccio para cumprir unha vella obsesión sexual, impulsado por un oscuro desexo, ainda que sabe que eso acabaralle costando a vida fronte ás últimas casas do pobo. Temos castigo, venganza e un destino que fai mofa dos homes.
Atoparemos traxedía grega, algo de Rulfo, algo de García Márquez ¿será certo o final de Cien años de soledad? "…porque las estirpes condenadas a cien años de soledad no tenían una segunda oportunidad sobre la tierra". Falaremos.
Laurent Gaudé recibiu o premio Goncourt por esta novela no ano 2004.
"-Ya sabéis que todo el pueblo nos llama "los callados". Dicen que como somos hijos de la muda, la boca nos sirve para comer, pero no para hablar. Bueno, enorgullezcámonos de ello. Si vale para mantenenr alejados a los entrometidos y hacer rabiar a esos idiotas, bienvenido sea el mote. Pero que ese silencio sea para ellos, no para nosotros. Yo no he vivido todo lo que habéis vivido vosotros. Es probable que me muera en Montepuccio sin haber visto otra cosa del mundo que las resecas colinas de nuestra tierra. Pero ahí estáis vosotros. Sabéis muchas más cosas que yo. Prometedme que les hablaréis de ellas a mis hijos. Que les contaréis lo que habéis visto…"
Destino edita en galego catro títulos do rato Gerónimo Stilton
É todo un fenómeno literario. O rato Gerónimo Stilton está a arrasar nas librarías de varios países ata tal punto, que moitos críticos aseguran que é comparable ao fenómeno Harry Potter. Pois ben, da man da editorial Destino, o ratiño fala galego. Benvidos ao castelo da rocha rañicas, O misterioso manuscrito de Nostrarratus, Na procura da marabilla perdida e O meu nome é Stilton. Gerónimo Stilton son os catro título s
que Destino traduciu ó galego.>
Kirmen Uribe, Premio Nacional de Narrativa 2008
A obra premiada, unha novela de ciencia ficción, Bilbao-New York-Bilbao será traducida ó castelán e máis ó inglés, describe a historia de tres xeracións de vascos coa escusa dun voo transoceánico. O premio Nacional de Narrativa, que o ano pasado déuselle a Juan José Millás pola súa obra El mundo, está dotado con 20.000 euros e ten como finalidade distinguir a mellor novela publicada en 2009, tanto en castelán como nalgunha das outras linguas cooficiales do Estado. O xurado que fallou hoxe este galardón estivo presidido polo director xeral do Libro, Rogelio Blanco, e formado, entre outros, por José Luis Borau, Camilo José Cela Conde, Andrés Martínez Sánchez e os dous últimos autores galardoados, Juan José Millás e Vicente Molina Foix. Outros membros do xurado foron Xosé Luís Axeitos, Jon Kortazar, Alexandre Broch i Huesca, Ramón Loureiro, Marco Schwartza e Alicia Giménez.
Fonte: Xornal de Galicia
Herta Müller, Nobel de Literatura 2009
A novelista, poetisa e ensaísta romanés-alemá Herta Müller foi galardoada hoxe co Premio Nobel de Literatura 2009 que outorga a Academia Sueca en Estocolmo. Müller (Nytzkydorf, Romanía, 1953), convértese así na duodécima muller que recibe o galardón máis prestixioso do mundo das Letras.
Considerada a cronista da vida cotiá na ditadura, Müller escribiu unha serie de novelas marcadas pola represión, o medo e a persecución, sentimentos e experiencias que viviu durante a súa infancia baixo o réxime de Ceausescu.
En Tierras Bajas, Siruela, 1990; El hombre es un gran faisán en el mundo, Siruela, 1992; La piel del zorro, Plaza&Janés, 1996; e La bestia del corazón, Mondadori, 1997.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes disfrutar da obra traducida ao galego e publicada por Xerais, O home é un grande faisán no mundo.
A nova nos medios de comunicación:
Dende o ano 1980 está especializada na edición de libros de texto en lingua galega, o que supón o 22% dos títulos do catálogo. Na actualidade, ten unha completa oferta de materiais didácticos para o ensino da lingua galega no ensino non universitario, que abrangue todos os cursos da Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
A editorial mostrouse “moi orgullosa” por este labor realizado dende 1979 e animou a toda a sociedade a “impulsar” o seu labor “de normalización do libro galego”.

