A novela que nos vai ocupar ata o mércores 14 de outubro é Delicioso suicidio en grupo do escritor finés Arto Paasilina.

    ¿É verosimil o suicidio en grupo? Onni Rellonen determina suicidarse e coincide co coronel Kappainen no sitio onde ía facelo. Falan e deciden xuntarse con outros aspirantes a suicidas para levar a cabo unha viaxe en autobus á procura do lugar pefecto para o suicidio. Así o grupo sobe a bordo de "La muerte veloz"  e comenzan esta viaxe cun estilo lixeiro e desenfadado impregnada cun humor negro moi característico do autor. 

Entre outros alicientes deste libro ten o descubrimento da grandeza da natureza e as paisaxes de Finlandia. A bordo de "La muerte veloz" os candidatos a suicidas recorren todas las provincias desde a Finlandia Meridional ata Laponia, movéndose a veces en zig-zag entre elas. Podemos coller o atlas para facer un seguimento da ruta.

A obra foi editada no 1990, dato que deberemos ter moi en conta xa que as referencias sociais e políticas poden resultar chocantes se non temos en conta este dato. Lembrade que a Unión Soviética disolveuse no 1991. 

“El enemigo más poderoso de los finlandeses es la oscuridad, la apatía sin fin. La melancolía flota sobre el desgraciado pueblo y durante miles de años lo ha mantenido bajo su yugo con tal fuerza, que el alma de éste ha terminado por volverse tenebrosa y grave. Tal es el peso de la congoja, que muchos finlandeses ven la muerte como única salida a su angustia. Una mente taciturna es un enemigo aún más encarnizado y temible que la Unión Soviética”.