Tres galegos aspiran ao premio Astrid Lindgren

Dos 168 escritores de literatura infantil e xuvenil que este ano aspiran a gañar o prestixioso Premio Astrid Lindgren, tres son galegos. Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey e Juan Farias son os nosos candidatos a este galardón que entrega anualmente o Consello Sueco das Artes e que leva o nome da creadora de Pippi Langstrump. O resultado do premio darase a coñecer o vindeiro 24 de marzo, no transcurso da Feira do Libro de Boloña.
Nas Bibliotecas Municipais contamos cun amplo abano de obras destes autores entre moitas outras:
- ¡Prohibido casar, papá! / Fina Casalderrey
- ¡ Pásmate, Merche ! / Fina Casalderrey
- O misterio dos fillos de Lúa / Fina Casalderrey
- Rapazas / Agustín Fernández Paz
- Contos por palabras / Agustín Fernández Paz
- Amor dos quince anos, Marilyn / Agustín Fernández Paz
- El hijo del jardinero / texto Juan Farias
- Algunos niños, tres perros y más cosas / Juan Farias
- Los corredoiras / Juan Farias


Sorte aos tres, pero teño querencia por Agustin Fernandez Paz dende que lin O único que queda é o amor…
Comment por Catuxa Seoane — 22-09-2009 @ 7:24 pm
A ver si hago mi propio blog, ya veremos si lo consigo!!
Comment por Dora — 28-10-2009 @ 5:54 pm
Estou lendo “O soño do Falcón”, no que o protagonista é d. Pedro Álvarez de Sotomaior, dono das torres de Mens, Vimianzo, Soutomaior e señor de Camiña.
Os enredos e liortas con outros señores da guerra na Galicia do século XV.
Comment por pepito — 28-10-2009 @ 5:57 pm
Os Mascalzone son unha familia da rexión do Apuccio italiano con vida miserenta, e en certos momentos carente de certos valores.
Comment por pepito — 28-10-2009 @ 6:01 pm