Luz Pozo GarzaO pasado venres fíxose público o fallo e a A Asociación Cultura Val de Láncara anunciaba que  Luz Pozo Garza é a gañadora do VIII Premio Ramón Piñeiro Facer País.

O compromiso da poeta coa lingua galega, a repercusión do conxunto da súa obra levou ao  xurado formado por representantes de diferentes asociacións culturais da comarca de Sarria e o Val do Neira, o concello de Láncara, o Club Unesco-Sarria, e o C.P.I. Ramón Piñeiro a concellerse o galardón a escritora de Ribadeo entre máis de 35 candidaturas.

Luz Pozo iniciou a súa obra poética en castelán, pero paulatinamente foi tomando opción clara a favor do galego. Na nosa lingua publicara xa en 1952 O paxaro na boca. En 1976 saíu Verbas derradeiras, que afortunadamente non foron, pois seguiron Concerto de outono en 1981 e Códice Calixtino en 1986.