Esta novela está escrita por Carmen Martín Gaite ( Salamanca 1925- Madrid 2000) e será a derradeira do clube antes de coller as vacacións do verán que tan merecidas temos.

O libro son as conversacións dunha longa noite nas que Eulalia e o seu sobriño German reflexionan sobre o significado das súas vidas, traendo recordos e temas da familia. É un xeito de desafogo dunha muller madura e dun rapaz inconformista. Están nunha situación límite agardando a morte da avoa no cuarto do lado e ó mesmo tempo están descontentos pola vida que levan sen atopar sentido a súa existencia.

As personaxes son complicadas. A autora manexa o diálogo moi ben, buscando un interlocutor que somos nós, os lectores. Así que veremos si o rematala novela atoparemos o signicado da soidade e do individualismo que parece unha das cousas que buscaba esta estupenda escritora nas súas obras.

Pertenceu a chamada "Generación de Posguerra" xunto o seu marido Rafael Sánchez Ferlosio. Tivo o seu recoñocemento ó gañarar o Premio Gijón (1954) cunha colección de relatos cortos, así como o Premio Café Gijón (1955), Premio Nadal de Novela (1957), Premio Nacional de Narrativa de España (1978), Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1988) y Premio Nacional de las Letras Españolas (1994), entre os máis destacados. Nas bibliotecas atoparedes toda a súa obra.