Posteado por: Antonio en Xeral, A biblioteca recomenda30-06-2009

 

Con Stieg Larsson como mellor embaixador, a literatura nórdica vive o seu ano e desata paixóns entre os lectores. A clave do éxito non só reside na novela negra, senón nuns escritores que saben como poucos internarse nas miserias sociais globais de forma directa, amena e poética.

Foi hai un ano cando Stieg Larsson e a súa primeira parte da triloxía Millenium ‘Os homes que non amaban ás mulleres’ publicouse en España. Dous anos antes, descubrírano en Francia e Italia, onde levan tempo traducindo literatura nórdica con éxito de venda.

A España tardou máis en chegar debido en gran parte á escaseza de tradutores, non se dubida do éxito e a importancia que adquirirán nun ou dous anos os escritores dos países nórdicos (Dinamarca, Finlandia, Suecia, Islandia, e Noruega).

Algúns libros dispoñibles na Biblioteca

# Tus ojos me vieron : historia de amor / Sjón
# Ladrón de almas / Yrsa Sigurdardóttir
# La primera palabra : la búsqueda de los orígenes del lenguaje / Christine Kenneally
# Las hijas del frío / Camilla Läckberg
# Los gritos del pasado / Camilla Läckberg
# Allá donde la luna de oro : version libre de "El Kalevala" / Elias Lönnrot
# El mundo de Sofía : novela sobre la historia de la filosofía / Jostein Gaarder
# El misterio del solitario / Jostein Gaarder
# ¿Quién teme al lobo? / Karin Fossum
# El librero de Kabul / Asne Seierstad
# Nuestro amor es como Bizancio : antología poética / Henrik Nordbrandt
# El perro que corría hacia una estrella / Henning Mankell
# Touliñas na cidade / Bo Carpelan
# El quinto invierno del magnetizador / Per Olov Enquist
# La montaña de las tres cuevas / Per Olov Enquist
# Aurora boreal / Asa Larsson
# La reina en el palacio de las corrientes de aire / Stieg Larsson

Posteado por: Reme en Xeral, Escritores08-06-2009

rosa aneiros y jacobo fernandez

A xornalista Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, A Coruña, 1976) é a gañadora do Premio Xerais de Novela 2009 con ‘Sol de Inverno’. A autora, que colabora en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, tamén se fixo co Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con ‘Ás de bolboreta’.

 O fallo do xurado deuse a coñecer hoxe na illa de San Simón (Redondela, Pontevedra) nun acto literario-musical ao que asistiron máis de 300 persoas, entre as que figuraron o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, o director xeral de Cultura da Consellería de Cultura e Deporte, Xabier Méndez, o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, entre outros.
 
Respecto a ‘Ás de bolboreta’, obra coa que gañou o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, a xornalista explicou que se trata dunha novela de historias e personaxes que se cruzan, porque queren expresar que hoxe todas as persoas están interconectadas e o bater de ás dunha bolboreta pode provocar efectos inesperados noutro lado do mundo.
 
`Sol de Inverno ´conta a historia dunha nena, Inverno, á que lle roubaron a infancia, ese paraíso de Antes, e como ao longo de toda a súa vida pelexa por retomar e recuperar ese paraíso. Inverno trata sempre de regresar, especialmente cando vive en Cuba en contacto con esa comunidade de emigrantes galegos.

O gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil, Jacobo Fernández, sorprendeu ao xurado (xa que principalmente desenvolveu a súa carreira como ilustrador) con ‘Mil cousas poden pasar. Libro I’, unha narración poboada por personaxes insólitos e situacións imaxinativas e disparatadas.

Nas Bibliotecas Municipais tedes as seguintes obras destes autores á vosa disposición:

Eu de maior quero ser / Rosa Aneiros.—Santiago de Compostela : Sotelo Blanco, 1999.
Corazóns amolecidos en salitre / Rosa Aneiros Díaz.—Santiago de Compostela : Laiovento, 2002.

Resistencia / Rosa Aneiros.—Vigo : Xerais, 2002.
Veu visitarme o mar / Rosa Aneiros.—1ª ed..—Vigo : Xerais, 2004.

O xardín da media lúa : Lendas árabes.—Vigo : Galaxia, 2004.

Os ourizos cachos e o gran río gris / Rosa Aneiros ; ilustracións de Rodrigo Chao.—Madrid : El País, 2007.

Ao pé do abismo / Rosa Aneiros.—Vigo : Xerais, 2007.

A gardería de dona Bixelmina / Jacobo Fernández Serrano.—Vigo : Xerais, 2005.

A pedra e as formigas / Jacobo Fernández Serrano.—Vigo : Xerais, 2006.

Os amigos de Archimboldo Roque / Jacobo Fernández Serrano.—Vigo : Faktoría K de Libros : Kalandraka, 2008.

Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras05-06-2009

Esta novela está escrita por Carmen Martín Gaite ( Salamanca 1925- Madrid 2000) e será a derradeira do clube antes de coller as vacacións do verán que tan merecidas temos.

O libro son as conversacións dunha longa noite nas que Eulalia e o seu sobriño German reflexionan sobre o significado das súas vidas, traendo recordos e temas da familia. É un xeito de desafogo dunha muller madura e dun rapaz inconformista. Están nunha situación límite agardando a morte da avoa no cuarto do lado e ó mesmo tempo están descontentos pola vida que levan sen atopar sentido a súa existencia.

As personaxes son complicadas. A autora manexa o diálogo moi ben, buscando un interlocutor que somos nós, os lectores. Así que veremos si o rematala novela atoparemos o signicado da soidade e do individualismo que parece unha das cousas que buscaba esta estupenda escritora nas súas obras.

Pertenceu a chamada "Generación de Posguerra" xunto o seu marido Rafael Sánchez Ferlosio. Tivo o seu recoñocemento ó gañarar o Premio Gijón (1954) cunha colección de relatos cortos, así como o Premio Café Gijón (1955), Premio Nadal de Novela (1957), Premio Nacional de Narrativa de España (1978), Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1988) y Premio Nacional de las Letras Españolas (1994), entre os máis destacados. Nas bibliotecas atoparedes toda a súa obra.