Posteado por: Mery en Xeral22-05-2009

Roteiro da Esmorga
 Despois da Lectura da Esmorga de Eduardo Blanco Amor, para festexar este ano os seus 50 anos de vida. Ímonos facer o roteiro literario a Ourense. A historia e a propia fisionomía da cidade cambiaron dende que Blanco Amor a escribiu en 1959, pero segue sendo posible revivir, aínda que a distancia do tempo, a ruta dos seus personaxes, dende a Avenida de Zamora ata a Alameda, pasando pola tranquilidade das estreitas rúas do casco histórico., xa non é o Ourense da posguerra, pero ‘A Esmorga’ segue tan viva como antes.

¡Apúntate!

 Saída o martes 26 de maio as 9:30 dende o Forum Metropolitano.

 Máis información na Biblioteca do Forum.

Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, Novas, A biblioteca recomenda

 Teresa Moure

Este venres rematan os II Encontros Cidade da Coruña, organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Para concluir estes encontros, Teresa Moure impartirá a conferencia As mulleres e a literatura. De onte a hoxe.

O acto desenvolveranse na Sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), ás 20.00 h.

Estes II Encontros contan co patrocinio e colaboración da Concellaría de Cultura.

Teresa Moure é Doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da USC. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o temor ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación anti-globalización.

Gañadora do Premio Lueiro Rey de novela curta 2004 e mais do Premio Arcebispo San Clemente pola novela A xeira das árbores (Sotelo Blanco, 2004), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 con Outro idioma é posible (Galaxia, 2005), Premio Xerais de novela 2005 e Premio Aelg 2006 de Narrativa por Herba moura (Xerais, 2005).

Recentemente estreouse no xénero teatral coa obra Unha primavera para Aldara, que acaba de ser recoñecida nos Premios de teatro María Casares 2009, despois de obter o Premio Rafael Dieste 2007.