Posteado por: Luisa en Xeral, Actividades do club, Falan de nos27-05-2009

Tras a lectura da Esmorga marchamos a Ourense a percorrer a mesma ruta que fixeran o Bocas, o Milhomes e o Castizo. O día foi soleado, con calor, e o paseo moi agradable. Dende o concello recibiunos o alcalde Francisco Rodríguez e a concelleira de cultura Isabel Pérez González . Agradeceron a nosa participación na celebración dos 50 anos de edición da novela de Eduardo Blanco Amor e nós agradecemos que contaran cos clubes de lectura do concello da Coruña, que nos enviaran un guía tan eficiente e por suposto ese viño que compartimos todos nas terrazas da Praza Maior. Foron con nós membros do clube de lectura de Castrillón, do taller de Mar "Nunca es tarde", do clube de lectura da mañán de Forum e a nosa concelleira de cultura Mª Xosé Bravo e a súa man dereita Carmen Vilariño. Queremos darlle as grazas a todos dende aqui. E por suposto falaron de nos na prensa.

La Región

La Voz de Galicia

 

 

Posteado por: Mery en Xeral22-05-2009

Roteiro da Esmorga
 Despois da Lectura da Esmorga de Eduardo Blanco Amor, para festexar este ano os seus 50 anos de vida. Ímonos facer o roteiro literario a Ourense. A historia e a propia fisionomía da cidade cambiaron dende que Blanco Amor a escribiu en 1959, pero segue sendo posible revivir, aínda que a distancia do tempo, a ruta dos seus personaxes, dende a Avenida de Zamora ata a Alameda, pasando pola tranquilidade das estreitas rúas do casco histórico., xa non é o Ourense da posguerra, pero ‘A Esmorga’ segue tan viva como antes.

¡Apúntate!

 Saída o martes 26 de maio as 9:30 dende o Forum Metropolitano.

 Máis información na Biblioteca do Forum.

Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, Novas, A biblioteca recomenda

 Teresa Moure

Este venres rematan os II Encontros Cidade da Coruña, organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Para concluir estes encontros, Teresa Moure impartirá a conferencia As mulleres e a literatura. De onte a hoxe.

O acto desenvolveranse na Sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), ás 20.00 h.

Estes II Encontros contan co patrocinio e colaboración da Concellaría de Cultura.

Teresa Moure é Doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da USC. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o temor ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación anti-globalización.

Gañadora do Premio Lueiro Rey de novela curta 2004 e mais do Premio Arcebispo San Clemente pola novela A xeira das árbores (Sotelo Blanco, 2004), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 con Outro idioma é posible (Galaxia, 2005), Premio Xerais de novela 2005 e Premio Aelg 2006 de Narrativa por Herba moura (Xerais, 2005).

Recentemente estreouse no xénero teatral coa obra Unha primavera para Aldara, que acaba de ser recoñecida nos Premios de teatro María Casares 2009, despois de obter o Premio Rafael Dieste 2007.

Posteado por: Luisa en Xeral, Obras, Xa limos18-05-2009

Marta Rivera de la Cruz foi finalista do Premio Planeta 2006 con esta novela que nos ocupa nesta primavera que non da chegado. Cecilia é a protagonista, unha ilustradora de libros infantis que rompe a súa rutina de tristeza e soidade coas visitas a Silvio. Este home octoxenario vai contando os seus recordos a través dunha caixa chea de fotografías. Falaremos do nazismo, da diferencia de razas, da amizade entre dous nenos, da lealtade…

De carón a trama principal falaremos tamén da perdida da nai, da orfandade, da sensación de desprotección que ten a protagonista. Outro tema será Publio e o esforzo para dominar unha personalidade criminal.

A autora contaballe a Efe con respecto a novela:

"Se trata de una novela de amor en sus diferentes variantes, y de cómo éste es capaz de mover todo y despertar a la vida conciencias que aparentemente estaban dormidas, y, sobre todo, de la importancia de las segundas oportunidades"

Posteado por: Antonio en Xeral07-05-2009

O próximo venres 8 de maio ás 20:00 h. a escritora mexicana Elena Poniatowska visitará a sede da Real Academia Galega (rúa Tabernas 11) para impartir unha conferencia, A literatura que vén da rúa.

Este acto encádrase dentro do II Encontro literario Cidade da Coruña: Mulleres na literatura, organizado conxuntamente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega y la Concellaría de Cultura, na sede de la RAG.

A entrada é de balde e libre até completar a capacidade do recinto.

 Elena Poniatowska

A Asociación de Escritores en Lingua Galega decidiu outorgar o galardón Escritora Galega Universal á escritora mexicana Elena Poniatowska. O galardón ofreceullo o presidente da asociación, o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, no transcurso da súa estadía na Feira do Libro de Guadalajara (México). Os anteriores premiados foron Mahmud Darwish, Pepetela e Nancy Morejón.