Posteado por: Antonio en Xeral, Novas, A biblioteca recomenda27-04-2009

Como xa sabedes, as Bibliotecas Municipais da Coruña xunto coa Concellaría de Cultura está a realizar unha chea de actividades para celebrar o mes dos libros e a lectura. Esta é a última semana de actividades que como sempre realizaranse no Forum Metropolitano.

Calendario

Martes 28 de Abril:

18:30 h. Contacontos para nenos.

Mércores 29 de Abril:

18:30 h. Contacontos para nenos. 

20:00 h. Concerto de Jazz con Pepe Doré

Xoves 30 de Abril:

18:30 h. Espectáculo Librolibrame. Lectura e xogo dramático acompañado de mundos sonoros e plásticos. Áncora Produccións.

Participa nas actividades que converten a cidade nunha gran biblioteca todo o mes de abril.

Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras16-04-2009

Esta novela desenrolase nun pobo con alcalde, con fame, con nazis e cunha nena. Unha morte compasiva e espectadora vainos contando as andanzas dos Hubermann e da súa filla de acollida Liesel. A importancia da lectura, o nazismo, a guerra (estamos na segunda guerra mundial), o antisemitismo, os hurtos e a amizade. Todos estos e máis son os temas desta novela que ten unha escritura sinxela, un argumento ameno, entretido e un final….

Os primeiros comentarios dos membros do clube:

"É unha novela xuvenil, como o diario de Ana Frank. Non engancha, non di nada novo"
  •  "A personaxe de Hans é o mellor da novela. Non podo parar de leer."
  • "Tenrura e bondade"
  • "Sobralle que a narradora adiante o que vai pasar"
  • "Inevitable a comparación coa obra de Boyne que xa leeramos no clube"

Markus Zusak é australiano, moi xovén e parece que un prometedor escritor.

" ¿Qué habrá sido de mis modales?
Podría presentarme como es debido pero, la verdad, no es necesario. Pronto me conocerás bien, todo depende de una compleja combinación de variables. Por ahora baste con decir que, tarde o temprano, apareceré ante ti con la mayor cordialidad. Tomaré tu alma en mis manos, un color se posará sobre mi hombro y te llevaré conmigo con suma delicadeza."

 

Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras06-04-2009

    A obra máis coñecida e recoñecida de Eduardo Blanco Amor cumpre 50 anos de edición. Foi editada por Citania na cidade de Bos Aires un 3 de abril de 1959 xa que en España a censura non o permitiu. Este é un motivo máis que razoable para volver a leer esta obra tan sorprendente tanto pola estructura como polos personaxes ou pola temática. Esta considerada como a primeira obra moderna da literatura galega e tivo moita influencia en autores posteriores.

    Cibrán contalle ó xuiz como cando ía para o traballo atopou ó Milhomes e ó Bocas que viñan de esmorga e de como se une a eles e de como todo remata en traxedía… A aventura desenrolase pola cidade de Ourense, este concello preparou un roteiro que seguiremos en maio os membros do clube.

 Noticias sobre o aniversario:

– La Región de Ourense 

- Xornal

- La Voz de Galicia

- El País

Posteado por: Reme en Xeral, Obras05-04-2009

O MEXICANO FELIPE UGALDE GAÑA O II PREMIO COMPOSTELA CUN ÁLBUM DE GRAN RIQUEZA ESTÉTICA, LITERARIA E TÉCNICA

O italiano Tommaso Nava foi finalista e a arxentina Cecilia Afonso recibiu a mención especial.

O ilustrador mexicano Felipe Ugalde proclamouse gañador da segunda edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados cunha obra da que o xurado destacou a súa gran riqueza técnica, estética e literaria. Por este proxecto, presentado co lema “Sueños de grandeza”, o autor recibirá 12.000 euros e o libro publicarase a finais deste ano nas cinco linguas peninsulares.


O traballo de Felipe Ugalde foi valorado como “o máis completo e equilibrado” de todos os presentados, en relación á complementariedade entre texto e imaxe, a principal cualidade que define o álbum ilustrado. O xurado calificouno como un proxecto “sintético e rico en elementos, que desenvolve moi ben e gradúa de principio a fin o concepto do tempo”. Esta historia dun crocodilo que vai medrando en tamaño e pretensións, destaca tamén polo “valor metafórico” das imaxes, “que resumen as aspiracións do protagonista”, cun “claro dominio” da técnica do acrílico. Un libro “que non ten idade”, engade o comité, “que permite distintas lecturas” segundo os lectores sexan infantís ou adultos.

Felipe Ugalde Alcántara naceu en 1962 en México. Estudou Comunicación Gráfica na Escola Nacional de Artes Plásticas da UNAM, onde foi profesor de Ilustración. Ten recibido diversos galardóns, participou coa súa obra en exposicións e imparte obradoiros de plástica. Traballa como ilustrador de álbums infantís, libros de texto e material didáctico dende hai máis de 20 anos.

O proxecto finalista deste II Premio Internacional Compostela é obra do ilustrador italiano Tommaso Nava, co lema “Dialogando con un papel en blanco”. Trátase dun traballo “moi poético, elaborado cunha linguaxe plástica moi contemporánea”, concluiu o xurado. Destaca desta proposta “a alternancia de elementos que facilita a lectura global” e proporciona “descanso visual”. Dende o punto de vista artístico, o traballo de Tommaso Nava, elaborado a lapis, resalta pola súa “plasticidade elemental e minimalista”, logrando un “resultado brillante con mínimos recursos”. En conxunto, este álbum que aborda o proceso creativo do autor, consegue “implicar o lector” na historia, aínda que no caso do público infantil é necesaria a intervención dun “mediador”.

Ademais, o xurado do II Premio Internacional Compostela concedeulle unha mención especial ao traballo da ilustradora arxentina Cecilia Afonso, co lema “Las llevadoras”. Trátase dun “canto ao feminino”, como o definiu o comité calificador, que destacou o carácter “poético” e a “musicalidade” da obra, cunha linguaxe plástica “limpa e clara” e cunhas ilustracións “delicadas e cheas de valor simbólico”.