Apaixoante!
É o único adxectivo que atopo para referirme a este encontro. Pode que poñendo mil e un máis acade unha visión máis concreta do que sentimos ao compartir algunhas verbas con ela, pero ningún sería capaz de reflectir a inmensa satisfacción que provoca atopar a alguén que, coma ti, ama tanto a lectura. Sen aires de grandeza, sen amargos soliloquios, coa presteza que da a sinxelez e a beleza das palabras dunha persoa namorada da súa profesión, Laura Gallego deunos unha autentica lección do que é a lectura e o que debería significar nas nosas vidas.
Entre risas e bágoas espiuse ante o público “Cada vez que me enfrento a un publico tengo un poco de miedo porque saben más de mi que yo de ellos. En cada libro que escribo está Laura Gallego”, bromeou da súa condición “Mi primera publicación no fue el primer libro que escribí, ni el segundo, el tercero, el cuarto, el quinto… mi primer libro publicado fue el decimocuarto que había escrito”, abriunos o seu corazón “ No me imagino un mundo sin libros. Cuando me preguntan que hubiese sido si no fuera escritora, sin pensarlo ni un momento digo Bibliotecaria. De hecho mi casa es una pequeña biblioteca en la que hay libros hasta debajo de las camas”, e confesou o inconfesable “Tengo un montón de muertes a mis espaldas. Cada vez que mato a uno de mis personajes, un cacho de mi muere por dentro, pero aún así, tengo que hacerlo”, para rematar a conferencia cunha frase que inundou de soños e bágoas todo o auditorio “Nunca dejéis de leer”. E dende logo que eu non o farei, agardarei todo o día ata que chege a noite e, como ela, dende a soidade da miña habitación compartirei escenario con Elfos, Varu, Xigantes, Unicornios, Dragóns… para non esquecerme xamáis de que a fantasía faime formar parte da realidade. A realidade de revivir ese momento máxico que durante dúas horas compartimos no reino de Idhún.

