A novela que nos ocupa estes días no clube está escrita por Lloyd Jones, autor neozelandés gañador do premio da Commonwealth e finalista do Premio Man Brooker.
A narradora da historia é Matilda que vive na illa de Bouganville, unha isla do pacífico asolada pola guerra. Conta a historia do único home blanco que queda na illa e decide exercer de mestre. O xeito que se lle ocorre e atrapar ós seus alumnos a través das aventuras do Señor Pip: protagonista da novela de Charles Dickens "Grandes esperanzas".
"Se ha tratado del único libro que me regaló un mundo nuevo en un momento de desesperación. En Pip encontré un amigo. Me enseñó que puedes ponerte en la piel del otro con la misma facilidad que si fuera la tuya, incluso si esa piel es blanca y pertenece a un niño que vivió en la Inglaterra de Dickens. Si eso no es un número de magia ¿qué es entonces?"
A imaxinación nun país en guerra pode chegar a ser unha provocación e xurdiran os problemas cando os guerrilleiros pensen que o Señor Pip é real. Na novela mesturase literatura e vida e o nome da protagonista lembrá a outra Matilda relacionada coa lectura: a de Roald Dahl

