Posteado por: Ivan en Xeral, Escritores26-03-2009

Apaixoante!

É o único adxectivo que atopo para referirme a este encontro. Pode que poñendo mil e un máis acade unha visión máis concreta do que sentimos ao compartir algunhas verbas con ela, pero ningún sería capaz de reflectir a inmensa satisfacción que provoca atopar a alguén que, coma ti, ama tanto a lectura. Sen aires de grandeza, sen amargos soliloquios, coa presteza que da a sinxelez e a beleza das palabras dunha persoa namorada da súa profesión, Laura Gallego deunos unha autentica lección do que é a lectura e o que debería significar nas nosas vidas.

Entre risas e bágoas espiuse ante o público “Cada vez que me enfrento a un publico tengo un poco de miedo porque saben más de mi que yo de ellos. En cada libro que escribo está Laura Gallego”, bromeou da súa condición “Mi primera publicación no fue el primer libro que escribí, ni el segundo, el tercero, el cuarto, el quinto… mi primer libro publicado fue el decimocuarto que había escrito”, abriunos o seu corazón “ No me imagino un mundo sin libros. Cuando me preguntan que hubiese sido si no fuera escritora, sin pensarlo ni un momento digo Bibliotecaria. De hecho mi casa es una pequeña biblioteca en la que hay libros hasta debajo de las camas”, e confesou o inconfesable “Tengo un montón de muertes a mis espaldas. Cada vez que mato a uno de mis personajes, un cacho de mi muere por dentro, pero aún así, tengo que hacerlo”, para rematar a conferencia cunha frase que inundou de soños e bágoas todo o auditorio “Nunca dejéis de leer”. E dende logo que eu non o farei, agardarei todo o día ata que chege a noite e, como ela, dende a soidade da miña habitación compartirei escenario con Elfos, Varu, Xigantes, Unicornios, Dragóns… para non esquecerme xamáis de que a fantasía faime formar parte da realidade. A realidade de revivir ese momento máxico que durante dúas horas compartimos no reino de Idhún.

Posteado por: Luisa en Xeral, Obras, Xa limos25-03-2009

    "Diatriba de amor contra un hombre sentado" é a única obra para ser representada que escribiu Gabriel García Marquez ata o momento; estreouse na Habana no 1988. Tras 25 anos de vida co seu marido Graciela fala con él, fai un monólogo cargado de desencanto, de indignación, de frustación e de decepción contra os dous homes da súa vida: o seu home e o seu fillo. Narra como empezaron na case miseria e ata o momento no que van celebrar as vodas de prata cunha festa a que acudiran unhas 1500 persoas e de seguro que ningún será pobre.Doutra banda está a xenerosidade da alma femenina, os soños aplazados, e que só unha muller podería falar de amor a un home que nin se move nin escoita… que le o xornal.

"De manera que llegado el día no ha de faltar un hombre que me ame de sobra para despertarme de amor cuando me haga la dormida, para que tumbe la puerta del baño cuando lo esté haciendo esperar demasiado, para que no le asuste ser vampiro en una que otra luna, y que sea capaz de hacerlo donde sea y como sea y no siempre en la cama como los muertos. Que esté preparado para recibir la visita del Espíritu Santo en mitad del almuerzo, y que yo se lo vea en el fulgor de los ojos, y se me quite el hambre con un nudo en la voz, y tapemos los platos para que no se nos enfríe la comida mientras vamos al cuarto y volvemos".

    Non podemos evitar lembrar a Miguel Delibes e "Cinco horas con Mario", salvando as distancias as dúas obras teñen moito en común.

 

Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras16-03-2009

     A novela que nos ocupa estes días no clube está escrita por Lloyd Jones, autor neozelandés gañador do premio da Commonwealth e finalista do Premio Man Brooker.

     A narradora da historia é Matilda que vive na illa de Bouganville, unha isla do pacífico asolada pola guerra. Conta a historia do único home blanco que queda na illa e decide exercer de mestre. O xeito que se lle ocorre e atrapar ós seus alumnos a través das aventuras do Señor Pip:  protagonista da novela de Charles Dickens "Grandes esperanzas".

"Se ha tratado del único libro que me regaló un mundo nuevo en un momento de desesperación. En Pip encontré un amigo. Me enseñó que puedes ponerte en la piel del otro con la misma facilidad que si fuera la tuya, incluso si esa piel es blanca y pertenece a un niño que vivió en la Inglaterra de Dickens. Si eso no es un número de magia ¿qué es entonces?"

     A imaxinación nun país en guerra pode chegar a ser unha provocación e xurdiran os problemas cando os guerrilleiros pensen que o Señor Pip é real. Na novela mesturase literatura e vida e o nome da protagonista lembrá a outra Matilda relacionada coa lectura: a de Roald Dahl