Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras19-02-2009

  Richard Ford (Londres 1796-1858) foi un viaxeiro e hispanista inglés. Mudouse a Sevilla no 1830 debido a un problema de saúde da súa muller e dende alí percorreu España a cabalo vestido coma un "indixena" e procurando a compaña das clases baixas.

Recolleu apuntes, notas, debuxos e lembranzas. Todo eso recibiu forma e publicouse fai 150 anos. Hoxe reeditase en sete volumes: o primeiro é o que estamos a ler e son as observacións xerais donde indica aspectos que lle son básicos o viaxeiro. Os seguintes volumes son para as diistintas zonas xeográficas: o de Galicia é o tomo VI. É un libro de viaxes cheo de humor e que pode facernos reflexionar sobre cómo somos, como eramos ou se somos a mesma España.

Los iberos nunca quisieron unirse; por el contrario solían, como ahora, mostrar una tendencia constante a separarse en juntas distintas, cada una de las cuales sólo pensaba en sus propias opiniones. De ahí que España sea un manojo de cuerpos pequeños atados unos a otros con una cadena de arena.

Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras12-02-2009

Gustavo Martín Garzo (Valladolid 1948-) recibiu en 1994 o Premio Nacional de Narrativa pola súa novela "El lenguaje de las fuentes" calificada como unha obra na que o amor ten un tratamento moi orixinal.

     Falouse moito de Xesús e de María pero… ¿qué aconteceu con Xosé? Esa figura relegada a un “cargo” menor: padre putativo ¡vaia situación! Nesta novela contase a historia de ese home que se enamora dunha rapaza alegre, xeitosa e que levao a aceptar unha situación realmente extraña… ¿cómo é o amor de este home que di que si ó destino sen reproches e sin preguntas? ¿cómo é a relación entre os esposos? ¿segue a paixon cando eres o paí do fillo de Deus? ¿É doado a comunicación entre a parella cos anxos no medio?

 Este será o noso xeito de conmemorar o día dos namorados: lendo e falando do amor. O escritor o define así:

El amor nos vuelve voraces; nos transforma en pulpos, orangutanes, delfines, aturdidos cachorros; hace del rostro amado un libro que nunca nos cansamos de leer; convierte nuestros paseos en un baile interminable, nuestra casa en un circo; nos llena de preguntas, nos vuelve niños y puebla nuestro pensamiento de anhelos. El amor resume todas mis elecciones