Ana Maria Matute, premio Quijote das Letras 2008
A escritora Ana María Matute gañou o Premio Quijote das Letras Españolas 2008, que está dotado con 15.000 euros e que conceden os membros da Asociación Colegial de Escritores (ACE) en recoñecemento á traxectoria literaria do autor/a galardoados. Según informa a axencia ACE, na votación final participaron 500 escritores e, tras Matute, que foi a máis votada, quedaron finalistas Rafael Sánchez Ferlosio e Alfonso Sastre.
Matute (Barcelona, 1925) mostrouse "entusiasmada por este reconocimiento de los propios colegas" e anunciou que asistiría á entrega do mismo, o 18 de novembro en Madrid.
És autora de máis de corenta obras, entre as que figuran títulos como "Los hijos muertos", "Primera memoria", "Pequeño Teatro" ou "Los Abel", e os da súa triloxía medieval formada por "La torre vigía", a aclamada "Olvidado Rey Gudú" e "Aranmanoth".
O pasado 18 de decembro viu a luz a súa nova novela , "Paraíso inhabitado", unha obra que por diferentes razóns a autora tardou máis de oito anos en escribir e na que o desexo e o poder da imaxinación desempeñan un papel importante.
A ACE fallou tamén o Premio Esther Benítez de tradución, que nesta edición recaeu en Dolors Ubina, pola súa tradución ao catalán da obra "Diario de un mal año", de J.M. Coetzee.
Nas Bibliotecas Municipais podedes atopar a obra de Ana María Matute como autora, traductora e prologuista. Anímate a ler!

