Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras30-01-2009

      A nosa segunda viaxe será da man de Marlo Morgan que relata a súa travesía a pe polo deserto australiano na compaña de aborixes. Esta experiencia leva consigo a aprendizaxe dunha nova forma de convivencia e dun xeito diferente de vivir a natureza e a vida mesma.Decirvos que a espiritualidade e a mensaxe do libro daran moito que reflexionar. Viaxe como sinónimo de coñecemento que leva a plantexamentos de cousas que están no noso redor e das que non temos conta a cotío

     A novela publicouse coma unha experiencia personal da autora e converteuse nun bestseller internacional. Pronto chegou a polémica: a viaxe era totalmente imaxinada

australia 

Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras, Xa limos28-01-2009

    Rematamos a viaxe a felicidade coa sensación de que a ciencia non pode facer que cheguemos a ser felices aínda que aprendimos algunha verdade que no admite discusión:

  •     O traballo non nos fai felices pero a súa ausencia fainos infelices.
  •     A beleza é a ausencia de dor
  •     A felicidade é a ausencia de medo. Para conquerir esto Punset aconsella eliminar o "malo" dos recordos ou das aprendizaxes.

   

A felicidade 

O que non chegou a convencernos do libro é o uso de unha linguaxe técnica que non cadra coas anecdotas "de andar por casa" que plantexa. E a presentación de tesis que non avala cunha solida argumentación.

"Otros individuos, en cambio, parecen preservados por la suerte hasta poblar las aldeas y ciudades de seres inasequibles al desaliento, porque son portadores de un equilibrio básico y congénito que les predispone, en mayor medida que al resto, a la felicidad. A la felicidad y, tal vez, a la belleza por los mismos motivos.”

Posteado por: Luisa en Xeral, Estamos lendo, Obras07-01-2009

O 2009 é o ano que a Unesco dedica a Astronomía e nos imos dedicalo a viaxar a través de distintos libros. O primeiro vai ser co libro de Eduardo Punset "El viaje a la felicidad". Divulgación científica que nos aproxima a felicidade e os seus condicionantes ou eso di o autor… este libro vai ser moi conflictivo no clube xa que o autor "pasa" da historia da filosofía e afirma que antes do século xx non se buscaba a felicidade xa que a esperanza de vida era demasiado curta como para andar con esas lerias… temos moito por reflexionar e repasar: aqui entran Aristóteles, Epicureo, Paltón, Kant… etc.

No había futuro ni, por lo tanto, la posibilidad de plantearse un objetivo tan insospechado como el de ser felices. Era una cuestión que se aparcaba para después de la muerte y dependía de los dioses"
 

Posteado por: Reme en Xeral, Novas03-01-2009

Ana maria matuteA escritora Ana María Matute gañou o Premio Quijote das Letras Españolas 2008, que está dotado con 15.000 euros e que conceden os membros da Asociación Colegial de Escritores (ACE) en recoñecemento á traxectoria literaria do autor/a galardoados.
Según informa a axencia ACE, na votación final participaron 500 escritores e, tras Matute, que foi a máis votada, quedaron finalistas Rafael Sánchez Ferlosio e Alfonso Sastre.
Matute (Barcelona, 1925) mostrouse "entusiasmada por este reconocimiento de los propios colegas" e anunciou que asistiría á entrega do mismo, o 18 de novembro en Madrid.
És autora de máis de corenta obras, entre as que figuran títulos como "Los hijos muertos", "Primera memoria", "Pequeño Teatro" ou "Los Abel", e os da súa triloxía medieval formada por "La torre vigía", a aclamada "Olvidado Rey Gudú" e "Aranmanoth".
O pasado 18 de decembro viu a luz a súa nova novela , "Paraíso inhabitado", unha obra que por diferentes razóns a autora tardou máis de oito anos en escribir e na que o desexo e o poder da imaxinación desempeñan un papel importante.
A ACE fallou tamén o Premio Esther Benítez de tradución, que nesta edición recaeu en Dolors Ubina, pola súa tradución ao catalán da obra "Diario de un mal año", de J.M. Coetzee.
Nas Bibliotecas Municipais podedes atopar a obra de Ana María Matute como autora, traductora e prologuista. Anímate a ler!