Chica bidon gasolina

Lisbeth Salander toma o seu tempo: necesita apartarse do foco de atención e saír de Estocolmo. Trata de seguir unha férrea disciplina e non contestar ás chamadas e mensaxes dun Mikael que non entende por que desapareceu da súa vida sen dar ningún tipo de explicación. As feridas do amor cúraas Lisbeth na soidade, anque intente esquivar o desencanto co estudio das matemáticas e certos felices praceres nunha plaia do Caribe. ¿E Mikael? O gran heroe, o super Blomkvist, vive bos momentos en Millennium, coas finanzas da revista saneadas e o recoñecemento profesional de colegas e medios. Agora ten entre mans unha reportaxe apaixoante que lle propón unha parella, Dag e Mia, sobre o tráfico e prostitución de mulleres provintes do Este.

As vidas dos protagonistas parecen terse separado por completo, e mentres… unha rapaza, atada a unha cama soporta un día e outro día as horribles visitas dun ser despreciable, e sen dicir unha palabra, soña cun mixto e un bidón de gasolina, coa forma de provocar o lume que acabe con todo.

Na segunda novela da serie Larsson, onde coñeceremos como Lisbeth chega a ser quen é, o interese, a complexidade e maravillosa riqueza de trama e personaxes vai in crecendo. A acción é trepidante. Os feitos que van desvelándose, absolutamente impactantes.

Non se pode pedir máis á segunda novela dunha triloxía: que supere as expectativas creadas coa primeira e que volva a crear no lector a necesidade de ler máis.