Onte, ás sete da tarde, celebrouse no Forum Metropolitano a Mesa de Experiencias de coordinadores dos Clubes de Lectura de mañán e tarde. Asistiron a este encontro os membros do clubes, os antigos e recentes coordinadores, representantes da Biblioteca Municipal Forum, convidados afíns á lectura e mesmo a Concelleira de Cultura Mª Xosé Bravo.

Repasamos entre todos os inicios e a historia dos clubes, disfrutando dos entrañables recordos, que sobreviñan na mente dos reunidos coma a choiva que asediaba a cidade. Foi grato comprobar como se aludía constantemente á Biblioteca como centro cultural urbano, recoñecendo o seu especial papel de integración social. Resaltouse tamén a importancia da modalidade presencial dos clubes, polo carácter humano que conlevan as charlas, a lectura compartida e o saber escoitar.

En xeral a lectura é necesaria na vida de tódolos membros do clube, aunque se lanzaron chamamentos para creacións de clubes xuvenís ou ánimos á presencia do xénero masculino nas reunións. Aludíase tamén aos xéneros literarios, destacando pola súa boa acollida os autores autóctonos e a literatura infantil e xuvenil. Como broche final apostouse polos encontros con escritores, xa que é moi enriquecedor para os lectores atopar a visión do autor.

A Mesa estivo impregnada de bos sentimentos e agradecementos mutuos, dos que todos disfrutamos, unha vez máis, en grata compaña.