Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro o Clube de Lectura de Forum Tarde participou o pasado 23 de Abril nunha xornada de lectura de contos e relatos de Emilia Pardo Bazán na Casa Museo da Fundación Emilia Pardo Bazán,na rúa Tabernas de A Coruña. O conto lido polo noso Clube foi "La Dentadura", con gran acerto por parte de Carlos Ruiz, Marian Camino e Olga Nogueira. Tamén participaron o Clube de Lectura do Castrillón, de Montealto, e asociacións de non oíntes de A Coruña, entre outros. Esperamos que o próximo ano se celebre de novo unha actividade similar, porque estaremos encantados de participar.
...Un día estrechó a Fausto con preguntas apremiantes:"¿Me quieres de veras, de veras? ¿Te gusto? ¿Soy yo la mujer que más te gusta? Háblame claro, francamente… Prometo no enfadarme ni afligirme." Fausto, sonriente, halagador, galante al pronto, acabó por soltar parte de la verdad en una aseveración exactísima: "Guedita: eres muy mona…muy guapa, sin adulación…Tienes una tez de leche y rosas, unas facciones torneadas, unos ojos de terciopelo negro, un talle que se puede abarcar con un brazalete…Lo único que te desmerece…así...un poquito…es la pícara dentadura. Es que a no ser por la dentadura…chica, ¡un cuadro de Murillo!...

A verdade é que me quedaron gañas de poder asistir, o tema pintaba moi ben e polos vosos comentarios, Dona Emilia non defraudou.
Comment por Catuxa — 25-04-2008 @ 5:11 pm