Posteado por: Reme en Estamos lendo, Obras29-04-2008

 Portada de La extraordinaria vida de William Petty   ¿Quen foi William Petty? (Aventurero, erudito e seductor) ¿Un experto en arte clásico ou un ladrón de obras de arte? O que sabemos con certeza é que foi un do primeiros aventureiros en procurar tesouros da antiga Grecia ao longo da beira do Mediterráneo, e tamén un dos primeiros tolos (ou xenios) que conqueriu apoderarse das obras maestras da humanidade. A historia esqueceu o seu nome. Sen embargo, William Petty foi un arqueólogo avant la lettre, o pioneiro que seguiu os rastros da Antigüedade para ofrecelos á posteridade.

    Nado na Inglaterra rural a primeiros de 1600, a historia deste protagonista é unha misteriosa viaxe dende os sombríos castelos do Támesis ata os lumninosos templos de Grecia, dende as galerías dos pazos de Venecia ata o máis profundo das prisións turcas. Petty empregou calquera método, lícito ou non, para levar a Inglaterra trofeos de incalculable valor. Obras que hoxe, catro séculos máis tarde, seguimos admirando nos máis importantes museos do mundo.

Puesto en la picota en el "Taburete del Arrepentimiento", el escabel de tres patas donde exhibían a los blasfemos, los fornicadores y los adúlteros, William Petty de Soulby iba a ser humillado públicamente. La muchedumbre se agolpaba al fondo de la iglesia. Habían acudido de lejos, de Warcop y de Appleby, para asistir a la ceremonia. No se trataba de un suplicio, ni siquiera de un castigo. Era una condena a la muerte civil y a la culpa moral. Una erradicación del mundo: dejarlo al margen de la sociedad.

 

Posteado por: Reme en Actividades do club25-04-2008

Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro o Clube de Lectura de Forum Tarde participou o pasado 23 de Abril nunha xornada de lectura de contos e relatos de Emilia Pardo Bazán na Casa Museo da Fundación Emilia Pardo Bazán,na rúa Tabernas de A Coruña. O conto lido polo noso Clube foi "La Dentadura", con gran acerto por parte de Carlos Ruiz, Marian Camino e Olga Nogueira. Tamén participaron o Clube de Lectura do Castrillón, de Montealto, e asociacións de non oíntes de A Coruña, entre outros. Esperamos que o próximo ano se celebre de novo unha actividade similar, porque estaremos encantados de participar.

Emilia Pardo Bazan 


...Un día estrechó a Fausto con preguntas apremiantes:"¿Me quieres de veras, de veras? ¿Te gusto? ¿Soy yo la mujer que más te gusta? Háblame claro, francamente… Prometo no enfadarme ni afligirme." Fausto, sonriente, halagador, galante al pronto, acabó por soltar parte de la verdad en una aseveración exactísima: "Guedita: eres muy mona…muy guapa, sin adulación…Tienes una tez de leche y rosas, unas facciones torneadas, unos ojos de terciopelo negro, un talle que se puede abarcar con un brazalete…Lo único que te desmerece…así...un poquito…es la pícara dentadura. Es que a no ser por la dentadura…chica, ¡un cuadro de Murillo!...


Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral15-04-2008

O pasado Xoves, tal e como anunciáramos, tivemos a oportunidade de compartir tempo e espacio con Isaac Diáz Pardo na Biblioteca de Estudos Locais, e escoitar a experiencia vital desta memoria viva do galeguismo.

Da man da Concelleira de Cultura, Maria Xosé Bravo e da Directora da Biblioteca de Estudos Locais, Victoria Villanueva, Isaac rememorou ante un o numeroso público, os seus anos mozos, a relación co seu pai e as suas amizades coas grandes figuras da cultura e das artes do noso país.

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, Escritores, Novas07-04-2008

Enterámosnos por Brétemas que O señor Lugrís e a negra sombra, obra de Luis Rei Núñez que limos no club de forum da mañá e do da tarde, acaba de acadar o galardon da Crítica 2007.

O señor lugris e anegra sombra 

 

En O señor Lugrís e a negra sombra, o seu autor combina a biografía e a ficción para construír un relato en torno a figura do pintor galego. Un home que, segundo confesaba Luís Rei nunha entrevista en Galicia Hoxe con motivo da publicación da novela, que coa súa morte se vía reducido a tres tópicos, o último bohemio, un pintor surrealista e un pintor do mar, tópicos que o recente Premio da Crítica quixo derribar. "Eses tres sambenitos limitan demasiado unha realidade máis rica, exclúen ó Lugrís escritor, que tomou moi en serio a literatura", aseguraba Rei.

Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña, podedes desfrutar desta obra (versión en galego e castelán) ademais das seguintes do mesmo autor:
  • A travesía dun século : (biografía de Rafael Dieste)
  • Poetas andantes navegantes 
  • Colección de bolboretas
  • Expediente Artieda
  • Oficio de escribir
  • O corvo de chapapote
  • A estrela dos polisóns
  • Toda a vida
Parabens, ao autor! Parabens a editorial, Xerais!