Posteado por: Reme en Xeral, Estamos lendo27-03-2008

La Catedral de Blasco Ibañez La Catedral. Comezamos unha nova andanza no Clube de Lectura de Tarde do Forum Metropolitano, cualificada polo seu autor como novela social ou "de rebeldía", e editada por primeira vez en 1903. Nela ofrécesenos unha extraordinaria aproximación á vertente política de Vicente Blasco Ibáñez que, como home e escritor, foi quen de izarse como un importante abandeirado das inquedanzas que ocupaban prácticamente a totalidade do panorama literario español da época.

Comenzaba a amanecer cuando Gabriel Luna llegó ante la catedral. En las estrechas calles toledanas todavía era de noche. La azul claridad del alba, que apenas lograba deslizarse entre los aleros de los tejados, se esparcía con mayor libertad en la plazuela del Ayuntamiento, sacando de la penumbra la vulgar fachada del palacio del arzobispo y las dos torres encaperuzadas de pizarra negra de la casa municipal, sombría construcción de la época de Carlos V.
Gabriel Luna, fillo do xardineiro da catedral de Toledo, torna ás súas orixes despois dun largo camiño como propagandista político, para compartir a vida co seu irmán Esteban, empregado da catedral como "Vara de Palo". Alí adicará o tempo de lecer a convencer aos seus discípulos: o campaneiro, o zapateiro e o "Tato" de que os sabios explicaron todo mellor que a relixión e deron as normas precisas para que a Humanidade vivira feliz nunha deliciosa igualdade. O resultado dos discursos de Gabriel é que, atopándose unha noite de guardia na catedral presentáronse os tres coa intención de apoderarse das xoias da Virxe do Sagrario, e logo dunha profunda e axitada discusión, remata por cometerse un crime…

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral12-03-2008

Os perigos de ler

Calvin & Hobbes, de Bill Watterson.


Calvin: Lin o libro da biblioteca que me colliches.

Nai: ¿E qué che pareceu?

Calvin: Realmente fíxome ver as cousas doutro xeito. Deume moito que pensar.

Nai: Alédome que o disfrutases.

Calvin: Estame complicando a vida. Non me collas ningun máis.

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral, A biblioteca recomenda05-03-2008

Para aqueles amantes da arte e da obra do mais gran humanista de todolos tempos, recomendamosvos Universal Leonardo, un programa integral de divulgación da obra de Leonardo xestionado pola University of Arts de Londres.

Universal Leonardo 

Impresionante e moi recomendable, a experiencia de navegación pola liña do tempo que aparece na cabeceira da web e que permite coñecer datos e visualizar documentos do autor.