Posteado por: Reme en Xeral, Estamos lendo25-01-2008

O señor Lugris¿Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns. Outro caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo; con mestres en gramática parda, señoritos tarambainas, artistas dipsómanos, mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso "branco" ou os candorosos aprendices de literato… en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompé mundial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñez sorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si; mais tamén realidade. Como a vida.

 Un manuscrito aparece

"Aquel día volvín á miña cidade para facer unha lectura de poemas no instituto onde estudei o bacharelato. Introduciu o acto a profesora que nos dera clase de Lingua e Literatura os tres primeiros cursos. Era unha muller miúda de quen eu lembraba as súas lendarias minisaias e, sobre todo, unha fe contaxiosa no valor das palabras, esa é a verdade. Cando chega a miña vez digo isto e a seguir boto man dos meus papeis, cunha ducia de poemas rimados, como corresponde a quen abomina da escrita de verdades rápidas da modernez. A admiración por Rosalía Castro e Antonio Machado levoume a comprender, hai xa unha boa porción de anos, a conveniencia de acatar os límites da métrica e demais recursos. Lonxe de ser o problema, esa humildade de artesán é a solución. Así que cultivo unha poesía, diriamos, figurativa. En fin. O meu encontro co vello instituto e os vellos tempos tivo continuidade nun bodegón onde se comeu empanada e polbo regados con Amandi e onde ía arrancar o episodio que se pechou cun agasallo singularísimo."

 


Posteado por: Catuxa Seoane en Escritores, Novas22-01-2008

Angel Gonzalez Poeta, catedrático e ensaista español nacido en Oviedo, Ángel González foi Premio Príncipe de Asturias das Letras en 1985 e Premio Internacional Salerno de Poesía en 1991. En xaneiro de 1996 foi elixido membro da Real Academia da Lingua Española. O mesmo ano ademais obtivo o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana. En 2001 obtén o Premio Julián Besteiro das Artes e as Letras. En 2004 convértese no primeiro gañador do Premio de Poesía Cidade de Granada-Federico García Lorca.

A súa poesía é máis intimista que social, cun particular e característico toque irónico, e trata asuntos cotiáns cunha linguaxe coloquial e urbano, nada neopopularista nin localista. O paso do tempo e a temática amorosa e cívica son as tres obsesións que se repiten ao longo e ancho dos seus poemas. A súa linguaxe é sempre puro, accesible e transparente; destílase nel un fondo ético de digna e humana fraternidad, que oscila entre a solidariedade e a liberdade, do mesmo xeito que o doutros colegas xeracionais como José Ángel Valente, Jaime Gil de Biedma, Carlos Barral, José Agustín Goytisolo e José Manuel Bonald.

Ángel González é sen dúbida un dos grandes poetas do noso tempo, e nas Bibliotecas Municipais da Coruña atopades gran parte da súa obra:

  • Poemas / Ángel González ; edición del autor.—5ª ed. amp..—Madrid : Cátedra, D.L. 1993
  • Tiempo inseguro : Ángel González / edición Susana Rivera.—Torremolinos (Málaga) : Litoral, 2002
  • A todo amor : antología personal / Ángel González ; prólogo y nota biográfica de Paco Ignacio Taibo I.—3ª ed.—Madrid : Visor Libros, 2003
  • La palabra en el aire [grabación sonora] / Pedro Guerra; Ángel González.—[Madrid] : BMG, D.L. 2003
  • 101 + 19 = 120 poemas / Ángel González ; selección de Ángel González; prólogo de Luis García Montero.—4ª ed..—Madrid : Visor, 2003
  • La poesía y sus circunstancias / Ángel González ; edición y prólogo de José Luis García Martín.—Barcelona : Seix Barral, 2005

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral11-01-2008

Para rematar a semana nada mellor que un pouco de húmor, moi oportuno nesta época do ano:

 
Libro de dietas
Viñeta de Malagón
 

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, A biblioteca recomenda04-01-2008

Xa temos dipoñible nas nosas bibliotecas a historia de Firmin: aventuras de una alimaña urbana, un libro que narra as aventuras dunha rata que vive nuna librería e adica parte do seu tempo a devorar os clásicos literarios de tódolos tempos (cita 19 titulos de sobra coñecidos por todos) ata que decide deixar de conelos para leelos.

Elexido pola ALA (Asociación Bibliotecaria Americana) como un dos libros do ano, leva vendidas 50.000 exemplares dende que saiu o mercado en España.Firmin enamora e engancha ademais de que acompañanos nun percorrido pola historia da literatura e da lectura:

Y no tienes que creerte los relatos para que te gusten. Me gustan todos. Me encanta la progresión del planteamiento, del desarrollo y del desenlace. Me encanta la lenta acumulación de significados, los brumosos paisajes de la imaginación, los recorridos laberínticos, las laderas boscosas, los reflejos en los estanques, los giros trágicos y los deslices cómicos. La única literatura que no soporto es la de ratas, incluidos los ratones. Me carga el Rata de El viento en los sauces, tan bondadoso y tan bueno. A Mickey Mouse y Stuart Little me dan ganas de mearles en la boca. Van por ahí arrastrando los pies, afables, primorosos, se me hincan en el gaznate como espinas de pescado

A editorial Seix Barral esta facendo unha gran campaña de marketing e ademais de poñer o primeiro capítulo dispoñible para a sua lectura na rede, tamen podemos ver o video promocional en Youtube.


Non esperedes maís, esta rata, promete:

Firmin 

Firmin : aventuras de una alimaña urbana / Sam Savage; traducción del inglés por Ramón Buenaventura ; ilustraciones de Fernando Krahn.—Barcelona : Seix Barral, 2007

Nacido en el sótano de una librería en el Boston de los años 60, Firmin aprende a leer devorando las páginas de un libro. Pero una rata culta es una rata solitaria. Marginada por su familia, busca la amistad de su héroe, el librero, y de un escritor fracasado. A medida que Firmin perfecciona un hambre insaciable por los libros, su emoción y sus miedos se vuelven humanos. Original, brillante y llena de alegorías, Firmin derrocha humor y tristeza, encanto y añoranza por un mundo que entiende el poder redentor de la literatura, un mundo que se desvanece dejando atrás una rata con un alma creativa, una amistad excepcional y una librería desordenada. Firmin ha sido un acontecimiento en mi vida de lectora, uno de esos raros encuentros con un personaje inolvidable. Original, chispeante y profundamente conmovedora, esta aguda fábula sobre la condición humana es un disparo al corazón. Rosa Montero Firmin no es un ratoncito humano, sino un ser humano en un cuerpo de rata. Esto lo hace áspero, patético, incómodo, sin la menor concesión al infantilismo y auténticamente poético.

[Via El Navegante]