Hai uns días, na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña presentouse a última novela de Agustín Fernandez Paz, O único que queda é o amor, un libro de relatos de amor e desamor, e para aqueles que non poideron asistir ó acto, está dispoñible un video que recolle os mellores momentos da presentación.
Agustín Fernandez Paz é un dos autores galegos máis lidos de tódolos tempos e acadou numerosos premios, recentemente, Jaureguizar mantivo con él unha interesante conversa na que o autor recoñece que as suas influencias literarias van dende a poesia de Jose Angel Valente, Paul Auster ou Orham Pamuk e reflexiona sobre a caducidade do amor:
O amor é triste porque sempre ten data de caducidade. Vou dicir algo moi obvio: o amor, e a súa variante da amizade, son esenciais para a vida. Hai amores rotos, amores que non chegan a producirse, como o de Un radiante silencio… O amor é un tema inesgotable, poderíamos escribir toda a vida escribindo sobre o amor.
O noso Club de lectura da tarde está lendo nestes momento este libro de relatos que recomendamos a todos os nosos lectores e lembramovos que nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podedes atopar gran parte da obra deste escritor.

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.


boa novela, recomendoa desas que cando comezas tes que acabala deseguido. unha aperta a todos
Comment por alberte — 03-01-2008 @ 5:19 pm
O certo é que ten moi boa prensa, e o noso clube dice que moi merecida, ademais o feito de ser relatos, invita a ler en calque momento.
Comment por Catuxa Seoane — 04-01-2008 @ 9:26 am
Historias creibles que parecen increibles.
Comment por carlos ruiz ramos — 15-01-2008 @ 6:10 pm
El relato del perro es tierno porque humaniza al animal y lo sentimos más próximo
Comment por José Naveiras López — 15-01-2008 @ 6:12 pm
Unha compilación de asombrosas historias de amor.
Comment por reme — 15-01-2008 @ 6:14 pm
Gustáronme moito os relatos, mais deixan a sensación de que o amor é so ilusión.
Comment por victoria — 15-01-2008 @ 6:14 pm
Es ameno y agradable, fácil de leer. La pena es que piense que el amor tiene fecha de caducidad.
Comment por conchi — 15-01-2008 @ 6:14 pm
un libro de relatos cortos, que no sabria decir cual me ha
gustado mas, de facil lectura. que merece la pena leerlo.
Comment por aurora — 15-01-2008 @ 6:14 pm
Comecei a lela onte e non me da chegado a miña hora favorita de lectura (polas noites, cando toda a casa queda en calma) para seguir con ela.
De momento creo que promete!
Apertas.
Comment por Anxos — 03-06-2008 @ 5:10 pm