agustin fernandez pazHai uns días, na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña presentouse a última novela de Agustín Fernandez Paz, O único que queda é o amor, un libro de relatos de amor e desamor, e para aqueles que non poideron asistir ó acto, está dispoñible un video que recolle os mellores momentos da presentación.

Agustín Fernandez Paz é un dos autores galegos máis lidos de tódolos tempos e acadou numerosos premios, recentemente, Jaureguizar mantivo con él unha interesante conversa na que o autor recoñece que as suas influencias literarias van dende a poesia de Jose Angel Valente, Paul Auster ou Orham Pamuk e reflexiona sobre a caducidade do amor:

O amor é triste porque sempre ten data de caducidade. Vou dicir algo moi obvio: o amor, e a súa variante da amizade, son esenciais para a vida. Hai amores rotos, amores que non chegan a producirse, como o de Un radiante silencio… O amor é un tema inesgotable, poderíamos escribir toda a vida escribindo sobre o amor. 

O noso Club de lectura da tarde está lendo nestes momento este libro de relatos que recomendamos a todos os nosos lectores e lembramovos que nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podedes atopar gran parte da obra deste escritor.

O unico que queda é o amor

 O único que queda é o amor / Agustín Fernández Paz.—Vigo : Xerais, 2007
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.