O escritor e ensaísta italiano Claudio Magris acaba de ser galardoado có Premio Kythera que premia a labor en pro do intercambio cultural italo-germano.
Ademais do Premio Kythera, do Premio Strega (1997) e o Erasmus de Holanda (2001), obtivo o premio xornalístico Juan Carlos I polo seu artigo "El titiritero de Madrid", publicado en Il Corriere della Sera.
Deronlle tamén a medalla de ouro do Círculo de Belas Artes de Madrid (2003) e foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras en 2004, facendo mención a que "encarna na súa escritura a mellor tradición humanista e representa a imaxe plural da literatura europea ao comezo do século XXI. Unha Europa diversa e sen fronteiras, solidaria e disposta ao diálogo de culturas. Nos seus libros mostra Magris, con poderosa voz narrativa, espazos que compoñen un territorio de liberdade, e neles configúrase un anhelo: o da unidade europea na súa diversidade histórica."
Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podedes atopar algunhas das obras máis prestixiosas deste escritor:
- El Danubio / Claudio Magris ; traducción de Joaquín Jordá.—6ª ed.—Barcelona : Anagrama, 2004
- Microcosmos / Claudio Magris ; traducción de J.A. González Sainz.—Barcelona : Anagrama, D.L. 1999
- Otro mar / Claudio Magris ; traducción de Joaquín Jordá.—3ª ed..—Barcelona : Anagrama, 2004
- A ciegas / Claudio Magris ; traducción de J.Á. González Sainz.—Barcelona : Anagrama, 2006


recomendo “otro mar”,moi bo. Un saudo
Comment por alberte — 10-01-2008 @ 4:46 pm