Posteado por: Catuxa Seoane en Estamos lendo, Obras21-12-2007

agustin fernandez pazHai uns días, na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña presentouse a última novela de Agustín Fernandez Paz, O único que queda é o amor, un libro de relatos de amor e desamor, e para aqueles que non poideron asistir ó acto, está dispoñible un video que recolle os mellores momentos da presentación.

Agustín Fernandez Paz é un dos autores galegos máis lidos de tódolos tempos e acadou numerosos premios, recentemente, Jaureguizar mantivo con él unha interesante conversa na que o autor recoñece que as suas influencias literarias van dende a poesia de Jose Angel Valente, Paul Auster ou Orham Pamuk e reflexiona sobre a caducidade do amor:

O amor é triste porque sempre ten data de caducidade. Vou dicir algo moi obvio: o amor, e a súa variante da amizade, son esenciais para a vida. Hai amores rotos, amores que non chegan a producirse, como o de Un radiante silencio… O amor é un tema inesgotable, poderíamos escribir toda a vida escribindo sobre o amor. 

O noso Club de lectura da tarde está lendo nestes momento este libro de relatos que recomendamos a todos os nosos lectores e lembramovos que nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podedes atopar gran parte da obra deste escritor.

O unico que queda é o amor

 O único que queda é o amor / Agustín Fernández Paz.—Vigo : Xerais, 2007
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

 

Posteado por: Catuxa Seoane en A biblioteca recomenda17-12-2007

O Metropolitan Museum invítanos a percorrer a nosa historia a través dunha viaxe cronolóxica polas diferentes representacións artísticas creadas polo home en tódolos tempos.

Percorrido pola historia da arte 

Unha estupenda oportunidade para descubrir ou redescubrir artistas e obras, imprescindible para todos aqueles amantes da Arte.

Posteado por: Catuxa Seoane en Escritores, Novas12-12-2007

Claudio MagrisO escritor e ensaísta italiano Claudio Magris acaba de ser galardoado có Premio Kythera que premia a labor en pro do intercambio cultural italo-germano.

Ademais do Premio Kythera, do Premio Strega (1997) e o Erasmus de Holanda (2001), obtivo o premio xornalístico Juan Carlos I polo seu artigo "El titiritero de Madrid", publicado en Il Corriere della Sera.

Deronlle tamén a medalla de ouro do Círculo de Belas Artes de Madrid (2003) e foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras en 2004, facendo mención a que "encarna na súa escritura a mellor tradición humanista e representa a imaxe plural da literatura europea ao comezo do século XXI. Unha Europa diversa e sen fronteiras, solidaria e disposta ao diálogo de culturas. Nos seus libros mostra Magris, con poderosa voz narrativa, espazos que compoñen un territorio de liberdade, e neles configúrase un anhelo: o da unidade europea na súa diversidade histórica."

Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podedes atopar algunhas das obras máis prestixiosas deste escritor:

  • El Danubio / Claudio Magris ; traducción de Joaquín Jordá.—6ª ed.—Barcelona : Anagrama, 2004
  • Microcosmos / Claudio Magris ; traducción de J.A. González Sainz.—Barcelona : Anagrama, D.L. 1999
  • Otro mar / Claudio Magris ; traducción de Joaquín Jordá.—3ª ed..—Barcelona : Anagrama, 2004
  • A ciegas / Claudio Magris ; traducción de J.Á. González Sainz.—Barcelona : Anagrama, 2006

A Ciegas           Otro mar 
 
Microcosmos            El Danubio