Jordi Sierra i Fabra é o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2007 polo libro “Kafka y la muñeca viajera”.

Kafka y la muñeca viajera 

Un ano antes da súa morte, Franz Kafka viviu unha experiencia moi insólita. Paseando polo parque Steglitz, en Berlín, atopou a unha nena chorando desconsolada: perdera a súa boneca. Para acougar á pequena, o autor da metamorfose inventouse unha peculiar historia: a boneca non se perdeu, foise de viaxe, e el, convertido en carteiro de bonecas, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Aquela noite Franz escribiu a primeira das moitas cartas que, durante tres semanas, entregou á nena puntualmente, narrando as peripecias da extraordinaria boneca desde todos os recunchos do mundo. Segundo conta Doura Dymant, a súa compañeira naqueles días, o estado febril co que Kafka escribía esas cartas era comparable ao de calquera das súas inmortais obras. Este é o relato daquela experiencia, na que Franz Kafka foi un mago da palabra para unha nena descoñecida da que xamais volveu saberse nada, como tampouco daquelas cartas que constitúen un dos misterios máis fermosos da narrativa do século XX.

Para Fernando Marías, membro do xurado e galardoado na pasada edición, di da obra que “a sua maior virtud é a sencillez, dalle unha gran potencia cá que atravesa o corazón do leitor. Tanto para nenos como para maiores, manten unha inxenuidade sólida que se pega á mirada de calquer leitor".

Ilustracions de Pep Montserrat en Kafka y lamuñeca viajeraA obra conten ademais ilustracións de Pep Montserrat, que axudan a desfrutar ainda maís da novela da que pódedes ler máis críticas favorables na blogosfera.

O noso ciberclub xa desfrutou da obra e no seu blog encontraredes os comentarios e discusións que suscitou a boneca de Kafka entre os integrantes do noso club de lectura virtual.


Lembrade que tedes a vosa disposición gran paarte da obra de Jordi Sierra i Fabra nas Bibliotecas Municipais da Coruña