R.E.M. editará en breve o seu primeiro disco en directo despois de 27 anos de carreira. "R.E.M. Live", é un dobre CD máis un DVD que recolle máis de vinte cancións de toda a súa carreira. O concerto foi gravado o pasado 27 de febreiro de 2005 no Point Theatre de Dublín.

Foi filmado polo director Blue Leach (Depeche Mode, Snow Patrol) que acompoñou a R.E.M. ao longo de 33 países en 116 concertos.