Posteado por: Luisa en A biblioteca recomenda11-09-2007

Parece que o tanatoturismo atrae a moreas de persoas: xente que visita a Zona Cero, o lavabo de Graceland onde morreu Elvis ou diversos campos de concentración ¿é morbo ou un xeito de non pechar esas ausencias? ¿Queremos enfrontarnos á morte ou so é historia?.

Un libro divertido sobre este tema é “Pégate un tiro para sobrevivir” de Chuck Klosterman, editado por Mondadori no 2006. Este periodista percorre os Estados Unidos visitando os espazos relacionados coa morte das estrelas de rock ¡que non son poucos!. Cinismo e música.

Pégate un tiro para sobrevivir

Tédelo na biblioteca da Sagrada Familia

Posteado por: Antonio en Novas07-09-2007

R.E.M. editará en breve o seu primeiro disco en directo despois de 27 anos de carreira. "R.E.M. Live", é un dobre CD máis un DVD que recolle máis de vinte cancións de toda a súa carreira. O concerto foi gravado o pasado 27 de febreiro de 2005 no Point Theatre de Dublín.

Foi filmado polo director Blue Leach (Depeche Mode, Snow Patrol) que acompoñou a R.E.M. ao longo de 33 países en 116 concertos.

 

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral04-09-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de: