Novidades Editoriais en Outono
O próximo outono preséntase unha actividade editorial extraordinaria coma todolos anos. Tanto no panorama nacional, con autores como Javier Marías, Jaime Vila-Matas, como no internacional, con novidades de Paul Auster, Coetzee, Pamuk entre outros.
Na narrativa española podemos atopar no próximo trimestre obras agardadas como Exploradores del abismo (Anagrama), de Enrique Vila-Matas, Quattrocento (Planeta), de Susana Fortes, ou La gloria de los niños (Alfaguara), de Luís Mateo Díez.
Entre os autores latinoamericanos, destaca a publicación en setembro do volume de memorias La suma de los días (Areté), de Isabel Allende, e a última novela de Alfredo Bryce Echenique, Las obras infames de Pancho Marambio (Planeta).
Seguíndo no panorama internacional, ata cinco premios Nobel verán publicadas no outono as súas obras: Diario de un mal año , de J.M. Coetzee (Mondadori); La maleta de mi padre (Mondadori), de Orhan Pamuk; Dossier K . (Acantilado), de Imre Kertesz; Clima de miedo (Tusquets), de Wole Soyinka; e MT e Las maravillas del bosque (Seix Barral), de Kenzaburo Oé.
Outros autores estranxeiros con novidades serán Paul Auster con La vida interior de Martin Frost (Anagrama/Ed.62); o último Premio Goncourt, Jonathan Littell, coa súa nova obra Las benévolas (RBA); Cormac McCarthy coa novela coa que gañou o Pulitzer, La carretera (RBA/Ed.62); Philip Roth con El profesor del deseo (Mondadori); e Woody Allen co seu último libro de relatos 25 anos despois do último, Pura anarquía (Tusquets/Columna). A novela negra terá nos próximos meses ilustres representantes: Ian Rankin co seu Nombrar los muertos (RBA), Henning Mankell con Zapatos italianos (Tusquets) e Michael Connelly con Echo Park (Roca)
Cales son as túas preferencias para este outono? Vota na nosa enquisa e deixános o teu comentario
