Avance da nova novela de Coetzee

O Premio Nobel de Literatura do ano 2003 presentouse case por sorpresa na Universidade de Murcia o 15 de xuño para ler aos estudantes fragmentos da súa próxima novela, – que publicará Mondadori o 5 de outubro-, unha fascinante mixtura de ficción e ensaio.O seu anfitrión foi o profesor José Carlos Miralles, quen asegura:
Non o coñecía de nada, simplemente envieille un e-mail invitándoo a dar unha charla e respondeume que viría gustoso a ler fragmentos da súa obra, aínda que iso si, non daría ningunha entrevista; en privado é un home cortés, simpático, conversador aínda que tímido, pero moi lonxe da súa lenda negra de persoa asocial.
Adianto da nova novela deste xenial escritor.
Podedes ler máis nun interesantísimo artigo publicado no diario catalán de La Vanguardia.

Moitas grazas por ternos o tanto do traballo do escritor sudafricano Coetzee. Comentar que si alguén está interesado por temas de Sudáfrica, hai un Cómic-Novela gráfica na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga: “Mi madre era una mujer hermosa” de Karlien de Villiers, que conta de forma autobiográfica a infancia dunha nena branca na Sudáfrica dos anos oitenta e a desintegración da sua familia no inicio do apartheid. Un interesante e ilustrativo documento histórico. Saludotes
Comment por Eva — 12-09-2007 @ 12:10 pm