Avance da nova novela de Coetzee

O Premio Nobel de Literatura do ano 2003 presentouse case por sorpresa na Universidade de Murcia o 15 de xuño para ler aos estudantes fragmentos da súa próxima novela, – que publicará Mondadori o 5 de outubro-, unha fascinante mixtura de ficción e ensaio.O seu anfitrión foi o profesor José Carlos Miralles, quen asegura:
Non o coñecía de nada, simplemente envieille un e-mail invitándoo a dar unha charla e respondeume que viría gustoso a ler fragmentos da súa obra, aínda que iso si, non daría ningunha entrevista; en privado é un home cortés, simpático, conversador aínda que tímido, pero moi lonxe da súa lenda negra de persoa asocial.
Adianto da nova novela deste xenial escritor.
Podedes ler máis nun interesantísimo artigo publicado no diario catalán de La Vanguardia.
