Falece Ingmar Bergman, mestre da sétima arte

Con motivo do facelemento dos históricos cineastas Ingmar Bergman e Michelangelo Antonioni. A Biblioteca Municipal do Forum Metropolinano realiza unha pequena Mostra con todas as películas súas que temos dispoñibles no fondo.
Ingmar Berman, (Uppsala, 14 de xullo de 1918 – Farö, 30 de xullo de 2007), durante a súa extensa carreira, dirixíu máis de cen obras de teatro, decenas de programas de televisión e máis de cuarenta películas. O artista está considerado como un dos realizadores máis influintes da segunda mitade do século XX e foi un referente moitos cineastas, entre eles Woody Allen, quen ilodrataba a Bergman e nun comunicado tras a morte do cineasta dixo:
Entristeceume a morte de Ingmar Bergman. Era un amigo e sen dúbida o mellor artista cinematográfico da época que me tocou vivir. Díxome que temía morrer nun día moi, pero moi asollado, e non podo máis que esperar que estivese nubrado para que tivera o tempo que el quixese.
Allen nunca ocultou a súa admiración polo estilo cinematográfico de Bergman, e a miúdo enviou chiscadelas con referencias ao sueco nas súas propias películas. Foi un dos fundadores da Academia Europea de Cine en 1988, estreouse na dirección coa longametraxe ‘Crise’ (1945), entre toda a súa obra destacan na súa traxectoria, así mesmo, as películas ‘O sétimo selo’ (1956), en 1988, estreouse na dirección coa longametraxe ‘Crise’ (1945), entre toda a súa obra destacan na súa traxectoria, así mesmo, as películas ‘O sétimo selo’ (1956), ‘Fresas salvaxes’ (1957) premio á mellor dirección do Festival de Cannes de 1958, ‘No limiar da vida’ (1957), ‘O manancial da doncela’ (1959) Oscar á mellor película estranxeira e Premio Fipresci de Cannes, ‘O ollo do diaño’ (1960), ‘Como nun espello’ (1961) Oscar á mellor película estranxeira e galardoada no Festival de Berlín.
Filmografía dispoñible nas Bibliotecas Municipais da Coruña
- Sed (1949)
- El séptimo sello (1957)
- Fresas salvajes (1957)
- El manantial de la doncella (1960)
- Persona (1966)
- Gritos y susurros (1973)
- Sonata de otoño (1978)
- Fanny y Alexander (1982)

