Posteado por: Antonio en Obras, Escritores, Novas, A biblioteca recomenda29-08-2007

Instalación acuático-literaria ante la fachada principal del IVAM, en Valencia. O próximo outono preséntase unha actividade editorial extraordinaria coma todolos anos. Tanto no panorama nacional, con autores como Javier Marías, Jaime Vila-Matas, como no internacional, con novidades de Paul Auster, Coetzee, Pamuk entre outros.

Na narrativa española podemos atopar no próximo trimestre obras agardadas como Exploradores del abismo (Anagrama), de Enrique Vila-Matas, Quattrocento (Planeta), de Susana Fortes, ou La gloria de los niños (Alfaguara), de Luís Mateo Díez.

Entre os autores latinoamericanos, destaca a publicación en setembro do volume de memorias La suma de los días (Areté), de Isabel Allende, e a última novela de Alfredo Bryce Echenique, Las obras infames de Pancho Marambio (Planeta).

Seguíndo no panorama internacional, ata cinco premios Nobel verán publicadas no outono as súas obras: Diario de un mal año , de J.M. Coetzee (Mondadori); La maleta de mi padre (Mondadori), de Orhan Pamuk; Dossier K . (Acantilado), de Imre Kertesz; Clima de miedo (Tusquets), de Wole Soyinka; e MT e Las maravillas del bosque (Seix Barral), de Kenzaburo Oé.

Outros autores estranxeiros con novidades serán Paul Auster con La vida interior de Martin Frost (Anagrama/Ed.62); o último Premio Goncourt, Jonathan Littell, coa súa nova obra Las benévolas (RBA); Cormac McCarthy coa novela coa que gañou o Pulitzer, La carretera (RBA/Ed.62); Philip Roth con El  profesor del deseo (Mondadori); e Woody Allen co seu último libro de relatos 25 anos despois do último, Pura anarquía (Tusquets/Columna). A novela negra terá nos próximos meses ilustres representantes: Ian Rankin co seu Nombrar los muertos (RBA), Henning Mankell con Zapatos italianos (Tusquets) e Michael Connelly con Echo Park (Roca)

Cales son as túas preferencias para este outono? Vota na nosa enquisa e deixános o teu comentario 


Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral27-08-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, A biblioteca recomenda23-08-2007

A semana pasada dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, Cristina Ameijeiras recomendábanos sabrosos libros de cociña (Culinaria Mundial, Los mejores postres de Inés y Simone Ortega e Buffet) e nesta ocasión a sua suxestión vai destiñada os máis pequenos:

  • BAJRAJ, Graciela. Nuevas recetas para bebés y niños. Barcelona, Alba, 2007 

 Nuevas recetas para bebes y niños

 

Un libro que intenta dar resposta á inquietude dos pais pola alimentación dos nenos dende que son bebés. Sen embargo, non tódolos nenos son iguais nen teñen as mesmas necesidades: hainos glotóns, hainos remolóns, hainos que rechazan determinados alimentos, etc. Tamén dános ideas para introducir novos alimentos, cáles son as necesidades dos nenos según as distintas edades: Receitas para bebés: lactantes de 4 a 6 meses; o bebé de 7 a 11 meses; o bebé a partir dos 12 meses; Receitas para nenos a partir dos 2 anos: para os que non lles gusta a leite; Para os remolóns en masticar; Para os moi tragons; Para os gordiños; Ceas rápidas; Receitas con moitas vitaminas; Para os golosos e Receitas auxiliares. 

Posteado por: Antonio en Xeral, Obras, Escritores, Novas20-08-2007

Coetzee

O Premio Nobel de Literatura do ano 2003 presentouse case por sorpresa na Universidade de Murcia o 15 de xuño para ler aos estudantes fragmentos da súa próxima novela, – que publicará Mondadori o 5 de outubro-, unha fascinante mixtura de ficción e ensaio.O seu anfitrión foi o profesor José Carlos Miralles, quen asegura:

Non o coñecía de nada, simplemente envieille un e-mail invitándoo a dar unha charla e respondeume que viría gustoso a ler fragmentos da súa obra, aínda que iso si, non daría ningunha entrevista; en privado é un home cortés, simpático, conversador aínda que tímido, pero moi lonxe da súa lenda negra de persoa asocial.

Adianto da nova novela deste xenial escritor.

Por outro lado, o  seu recentemente publicado Contra a censura (Debate), escrito en 1996, cobrou actualidade despois de que o xuíz Del Olmo ordenase o secuestro da revista El Jueves e de que o cómic Tintín no Congo afronte en Bruxelas unha demanda de prohibición por incitar ao racismo. J.M. Coetzee aproveita  un discurso para defender que non debe existir censura nin nos supostos en que pareza xustificada. E para iso utiliza exemplos procedentes da realidade política, con especial incidencia nos temas racistas, e outros casos referidos á pornografía.
Podedes ler máis nun interesantísimo artigo publicado no diario catalán de La Vanguardia.


Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

:: Premios literarios:

:: Recomendacións moi apetitosas:

:: Novidades editoriais:

:: Grandes mulleres da historia:

:: Redes sociais literarias:

:: Falán de nós na prensa:

:: No Ciberclub:

Posteado por: Antonio en Xeral, Obras, Escritores, Novas14-08-2007

Eduardo PunsetEduardo Punset, autor de “El viaje a la felicidad” y “El alma está en el cerebro” prepara unha das novidades máis prometedoras do comezo da tempada editorial, o lanzamento do libro "El viaje al amor" que Destino prevé ter nas librerías en setembro este ensaio que analiza o papel da memoria no nacemento do amor.


Punset platea cuestións como:

  • Atreveríaste a decir que o amor non é importante na túa vida?
  • Que che parecería unha formula para medir o amor?
  • Ou unha fórmula para medir a capacidade de namorarse…
  • Ou, sinxelamente, unha fórmula para medir a necesidade de ser amados

O ensaio inclúe un cuestionario para que o lector coñeza a súa capacidade de amar, "ferramenta indispensable, afirma Punset, para penetrarnos no noso futuro".

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podemos ler varias obras deste singular autor:

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas13-08-2007

O pasado Martes El Ideal Gallego dedicounos a sua contraportada para falar da mostra bibliográfica deste veran na Biblioteca Forum Metropolitano: Viaxes á carta

Na nova do xornal, que leva por título: De la lectura se saca buen provecho, a nosa compañeira Mar Peñarrocha explica ao xornalista a intención da mostra que tanto éxito está tendo nas nosas bibliotecas. 

Cuando se piensa en un menú veraniego, la mente evoca platos fríos y ligeros, como ensaladas o ensaladillas, que se pueden comer en todas las parte, pero sólo hay un sitio en toda la ciudad donde se puede saborear, de primero, el "Revolto de plantas con aroma medicinal", "Sopa de ciencias e científicos" o "Petiscos de física e química con bechamel de ceo".[...Seguir lendo]

Falan de nos no Ideal Gallega: viaxes a carta 

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

:: Novidades nos sevicios das Bibliotecas Municipais:

:: Actvidades culturais para estas festas:

:: Novidades literarias;

:: No noso ciberlclub len:

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas09-08-2007

A tecnoloxía e as Bibliotecas Municipais de A Coruña únense e agora se dispoñes dun teléfono móbil tes a posibilidade de coñecer as actividades das nosas bibliotecas a través do teu teléfono por medio de sms..

O Concello da Coruña desenvolveu un novo servizo de información a través de SMS para estar ao tanto dos eventos que che interesen de maneira completamente gratuíta.

Para subscribirte debes rexistrarte na web http://sms.coruna.es seguir os pasos que se che indican e elexir os temas que sexan do teu interese e empezarás a recibir mensaxes coas programacións, eventos e actividades que escolleses.

SMS nas Bibliotecas Municipais de A Coruña 

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral06-08-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

A Feira do Libro de A Coruña: 

O pasamento de Ingmar Bergman:

Recomendamos:

Descobrimos:

Rímonos: