Yolanda CastañoA escritora Yolanda Castaño coa obra Profundidade de campo foi a gañadora da XV edición do Premio de Poesía Espiral Maior, un dos certames literarios de máis prestixio dos que se convocan en Galicia.
 
Á presente edición do Premio de Poesía Espiral Maior, organizado pola editora do mesmo nome e patrocinado por El Corte Inglés, presentáronse 161 libros orixinais chegados de toda Galicia, Portugal, Brasil.

O ditame, segundo o portavoz do xurado, foi concedido por unanimidade a un libro que:
reflexiona sobre a identidade de carácter existencial e de concepto confesional, no que a autora amosa a súa total madurez. Engade o xurado que fai unha reflexión sobre a beleza e a máscara, algo que xa apuntaba na súa publicación anterior O libro do egoísta, pero que agora, máis madura, a poeta presenta unha realidade e tamén un desdobramento de se mesma. Estamos diante dunha Yolanda Castaño moi distinta á que escribiu Elevar as pálpebras aos 17 anos, explicou o editor de Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán-Vello, presidente dun xurado formado tamén por Xosé María Álvarez Cáccamo e Xavier Baixeras.

Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña, podedes disfrutar da obra de esta xove escritora, achégate a coñecer a sua producción literaria:

  • Delicia / Yolanda Castaño ; limiar, Teresa Seara.—A Coruña : Espiral Maior, 1998
  • Edénica / Yolanda Castaño.—A Coruña : Espiral Maior, 2000
  • Elevar as pálpebras / Yolanda Castaño ; limiar, Miguel Anxo Fernán-Vello.—A Coruña : Espiral Maior, 1995
  • Vivimos no ciclo das erofanías / Yolanda Castaño ; limiar, Olga Novo.—A Coruña : Espiral Maior, 1998
  • O libro da egoísta / Yolanda Castaño.—Vigo : Galaxia, [2003]
  • Punver / Yolanda Castaño ; ilustracións de Eduardo Hermida.—Vigo : Galaxia, 2006