O que va de ano, (Xaneiro – Xullo) os libros máis prestados (e esperamos que os maís lidos) nas nosas bibliotecas en narrativa para adultos, foron (exceptuando os Comics que encabezan sempre os nosos préstamos), como ven sendo habitual, os últimos e no tan últimos bestsellers, pero tamen temos algunhas sorpresas moi agradables.

Os nosos 15 magníficos son: 

  1. La Catedral del Mar de Ildefonso Falcones
  2. La sombra del viento de Carlos Ruiz Zafón
  3. Ángeles y demonios de Dan Brown
  4. La conspiración de Dan Brown
  5. Herba moura de Teresa Moure
  6. La fortuna de Matilda Turpin de Álvaro Pombo
  7. Los pilares de la tierra de Ken Follet
  8. La fundación de Buero Vallejo
  9. Corsarios de levante de Arturo Pérez Reverte
  10. Roma (guía de viaxes)
  11. Todo bajo el cielo de Matilde Asensi
  12. La Biblia de Barro de Julia Navarro
  13. En tiempos de prodigios de Marta Rivera de la Cruz
  14. Os libros arden mal de Manolo Rivas
  15. Escucha mi voz de Susana Tamaro

Non sorprenden os altos postos de Carlos Luis Zafón o Dan Brown, nin de Matilde Asensi, Perez Reverte ou Julia Navarro, pero sí que é curioso que pese o tempo, Los pilares de la tierra de Ken Follet segue sendo unha das mais lidas.

 

Curioso e o caso da guía de Roma, parece que moitos dos nosos lectores aproveitaron algunha escapada a cidade do Amor, e a sempre presente volta ós de sempre tan ben representados por La Fundación de Buero Vallejo.

Mención aparte, a presenza de autores da nosa literatura entre os mais lidos: Herba moura (moi comentada nos blogs blogs dos nosos clubes) e Os libros arden mal. Ademais de que á vista da lista, a literatura española gaña con maioría a anglosaxona.