Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, Novas02-07-2007

O martes 4 de Xullo, Marina Mayoral, convidada pola editorial Xerais Galicia, presentará na Coruña o seu último libro Case perfecto:

O acto, que contará coa participación de Manuel Bragado, Ana Abelenda e Marina Mayoral, terá lugar ás 20,00 horas na Fnac, Mercado Eusebio da Guarda, Praza de Lugo, s/nº da Coruña.

Case perfecto, escrito en primeira persoa, incita ó lector non só a zambullirse na historia relatada, senon que obríganos a tomar partido:

Case perfecto de Marina MayoralUn científico famoso morre en circunstancias extrañas, semellantes ás que aparecen nunha novela escrita anos atrás pola súa dona, de quen vive separado. Un dos fillos acusa á nai de ser culpable desa morte. A nai para defenderse escríbelle unha longa carta na que analiza o papel que os distintos personaxes tiveron naquela morte. Case perfecto obriga ao lector a tomar partido, a decidir se está asistindo ao relato dun crimen “case perfecto” ou dun desgraciado suceso, produto do azar. Co seu peculiar sentido do humor e a sua habitual sutileza para penetrar nos recunchos máis fondos do ser humano, Marina Mayoral mostra en Case perfecto a complexa trama de sentimentos que une e desune aos membros dunha familia, coa que moitos lectores se sentirán indentificados.

Mayoral, Marina. Case perfecto—Vigo : Xerais, 2007—ISBN 979-84-9782-530-6

A obra acadou xa boas críticas, e se che entrou interese pola historia, recorda que a tes dispoñible nas Bibliotecas Municipais de A Coruña

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral

A semana pasada, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de: